lberto Núñez Feijoo e a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, entrevistáronse cos representantes da entidade galega durante unha hora e media.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e a conselleira de traballo e Benestar, Beatriz Mato, recibiron esta mañá á presidenta da Federación Galega de Parálise Cerebral, concepción Somoza, e ao vicepresidente da entidade, Eulogio López.

Na reunión tamén participaron o presidente da Confederación ASPACE, Jaume Marí, e o xerente da mesma, Andrés Castelló.

O obxectivo da reunión era dar a coñecer á Xunta a situación actual da Federación e das súas asociacións membro, así como as necesidades do colectivo de persoas con parálise cerebral. En todo momento, Núñez Feijoo amosouse moi interesado nos temas a tratar e prometeu realizar unha análise da situación, aínda que recordou a falta de fondos para levar a cabo as propostas. O presidente incidiu na idea de redistribuír o gasto e tamén na de atender a todos os grandes dependentes.

A presidenta de ASPACE-Galicia informou ao presidente sobre a incidencia da parálise cerebral e do incremento do número de casos nos últimos anos, o que supón a necesidade de máis apoios. Neste sentido, expuxeron a necesidade de mellorar as cláusulas dos contratos e propuxeron a Feijoo que nos concursos de xestores de centros “se prime ás organizacións sen ánimo de lucro fronte ás empresas privadas, pois as ONL podemos aportar moita máis profesionalidade, especialización”, asegurou Concepción Somoza.

Por outra parte, na reunión falouse dos centros de atención a persoas con parálise cerebral e a necesidade de máis prazas en centros de día e residencias. “Algúns teñen prazas baleiras, pero porque non hai concerto para esas prazas. Outros están acabados e sen abrir porque as prazas non se concertaron”, indicou a presidenta de ASPACE-Galicia. Neste sentido, tamén se informou da necesidade de incrementar o número de aulas de educación en Pontevedra e A Coruña.

Proxectos de investimento

Os representantes de Federación presentaron os proxectos de investimento que están a levar a cabo as asociacións membro de ASPACE-Galicia. Así, ASPACE-Coruña quere realizar a adecuación dun pavillón para un centro de atención integral a persoas con parálise cerebral ata 21 anos; Amencer-ASPACE vai construír un centro de atención integral, educación especial e de tratamentos a nenos con parálise cerebral en Vigo, e APAMP quere poñer en marcha o centro de día e de tratamentos, entre outros. En total, os cinco proxectos presentados beneficiarían a máis de 410 persoas con parálise cerebral.

O presidente da Xunta asegurou que, como autonomía, amosaría o seu apoio a estes proxectos diante do Ministerio correspondente. A nivel nacional, os dous proxectos máis relevantes son os de Vigo e A Coruña, por estar xa iniciados e contar con financiamento.

Apoio da Confederación Nacional

O presidente e o xerente da Confederación ASPACE amosaron o seu apoio á Federación ASPACE-Galicia durante a reunión celebrada esta mañá en Santiago de Compostela e aseguraron que a federación é un modelo de funcionamento a nivel autonómico. Para o presidente da Confederación, Jaume Marí, a entrevista co presidente da Xunta de Galicia “foi moi cordial, e só pola duración da mesma semella que tiña moito interese polo tema”.

Segundo Jaume Marí, Feijoo amosoulles “o seu apoio» e intentará priorizar proxectos. Ademais, o presidente busca priorizar a gran discapacidades e a súa preferencia é dar servizo, e «non dar cartos”.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp