Quen somos
Valores
Transparencia
Creemos na transparencia, facemos públicas e accesibles as nosas contas e memorias de actividades.
Traballo constante
Traballamos en resposta ás necesidades e demandas das persoas con parálise cerebral e as súas familias.
Profesionalidade
Basamos o noso traballo na profesionalidade, implicación e compromiso dos profesionais de Federación ASPACE
Igualdade de dereitos e oportunidades
Reivindicamos a igualdade real de dereitos e oportunidades para as persoas con parálise cerebral.
Calidade
Traballamos por unha xestión con calidade dos servizos e programas que presta Federación ASPACE-Galicia.
Cooperación
Apostamos pola colaboración e o traballo en rede entre profesionais, asociacións, familias, financiadores, administracións e entidades sociaises.
Historia e fitos
Federación ASPACE-Galicia serve como un dinamizador de distintos colectivos, promovemos o asociacionismo e colaboramos coas administracións públicas e organismos privados para dar a coñecer a parálise cerebral, que afecta a dous de cada mil persoas en Galicia
Organización
Federación ASPACE-Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública, está dirixida por unha Asamblea de socios e una Xunta Directiva. Coñécenos a través dos nosos órganos de goberno e obxetivos fundacionais.

Asociacións
Na actualidade, Federación ASPACE-Galicia conta con catro asociacións federadas que integran máis de 979 asociados, principalmente persoas con parálise cerebral, familias e amigos.
As entidades ofrecen servizos de atención directa a 400 persoas, con máis de 200 profesionais traballando nos distintos centros. Os servizos e programas que se realizan dende ASPACE-Galicia e as súas asociacións federadas baséanse en criterios de calidade, para proporcionar ás persoas con parálise cerebral a atención que precisan para alcanzar os máximos niveis de desarrollo persoal. Esta atención é integral, intervindo nos distintos aspectos que inciden nas persoas e que contribúen a mellorar a súa CALIDADE DE VIDA e promover a súa AUTONOMÍA PERSOAL
