Grazas a unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade destinada á contratación de persoal para a área de orientación laboral de persoas con parálise cerebral

As usuarias e usuarios do noso Programa de Emprego e Formación veranse beneficiadas e beneficiados pola continuidade do servizo de orientación laboral para persoas con parálise cerebral, grazas á concesión dunha subvención pública.

A financiación desta área durante doce meses significa un pulo, por parte da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Emprego e Igualdade, ao noso compromiso e constante labor por aumentar e mellorar a inserción laboral de persoas con parálise cerebral.

O impulso materializarase a través dunha serie de actividades previstas que manteremos e reforzaremos, entre as que destaca a realización de diagnósticos individualizados e elaboración de perfís ocupacionais da persoa demandante de emprego. Trátase de brindar unha atención específica que permitirá identificar, de xeito participativo e inclusivo, os recursos para o emprego de cada aspirante.

O Programa tamén se encargará do deseño de itinerarios de emprego persoalizados que determinen o plan máis axeitado de acceso ao mercado de traballo para cada persoa. Este labor permite ao usuario ou á usuaria participar en todo momento en función das súas habilidades, necesidades, expectativas e contexto laboral actual, convertíndoo en verdadeiro e verdadeira protagonista do proceso.

O acompañamento persoalizado dos e das demandantes de emprego con parálise cerebral será tamén unha das actividades principais do servizo de orientación. Mediante funcións de titoría, garantizarase un seguimento individual e interactivo ao longo de tódalas etapas do itinerario laboral.

O Programa de Emprego e Formación continuará, así mesmo, coas súas labores de información e asesoramento laboral para potenciales traballadores con parálise cerebral, con intervencións en áreas como a definición de currículum vitae, a aplicación de técnicas para a busca activa de emprego, a situación do mercado de traballo, a posta en marcha de proxectos emprendedores ou de emprego autónomo, o apoio e xestión da mobilidade laboral, así coma a coordinación con outros entes e actores da área de emprego  a distintos niveis.

A subvención concedida enmarcase na Orde do 23 dedecembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2021”.

Federación ASPACE Galicia es centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia en materia de orientación laboral desde el año 2007.

Coñece o noso Programa de Emprego e Formación

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp