Preguntas frecuentes

A escolarización pode realizarse en centros públicos, concertados ou privados, ordinarios ou específicos. Para a elección é importante a orientación dos especialistas na atención temperá que vaian a traballar con os vosos fillos e fillas.

As asociacións de atención á persoas con parálise cerebral teñen servizos de educación para todas as idades. Os nosos centros de Pontevedra (Amencer-ASPACE) e Sada (ASPACE-Coruña) contan con centros educativos.

Ademáis, Amencer-ASPACE dispón do Centro de desenvolvemento neurolóxico infantil e de atención temperá  ‘Primeiros pasos’ (de 0 a 6 anos) e a Asociación APAMP co  CAI (Centro de atención á infancia), que ofrece un modelo integral de atención, intervindo nas diferentes áreas do desenvolvemento do neno e da nena.

Na fase oral do desenvolvemento infantil, os pequenos lévanse á boca todo o que collen. Por ese motivo, os xoguetes deben ser grandes. Podedes pedir consello ao profesional que traballe coa vosa filla ou fillo acerca dos seus gustos e vos recomende posibles adaptacións dos xoguetes: adaptadores de lápices, materiais antideslizantes, cuñas de espuma, etc.
Existen asociacións e empresas xogueteiras que adaptan os seus productos ás situacións específicas na etapa do desenvolvemento infantil.

A parálise cerebral abarca unha amplia variedade de síntomas. Algunhas persoas presentan manifestacións graves na función motor, mentras que outras teñen impedimentos leves. Existen casos con problemas sensoriais de visión, audición ou percepción espacial; ou tamén manifestacións cognitivas relacionadas co aprendizaxe, a linguaxe e a capacidade intelectual.Esta diversidade fai co pronóstico varíe dunha persoa a outra. 

O tratamento xira en torno a catro áreas: fisioterapia, terapia ocupacional, logopedia e terapias recreativas.

  • A fisioterapia é o pilar do tratamento da parálise cerebral, realízanse exercicios específicos para conseguir dúas importantes metas: evitar o debilitamiento dos músculos que non se usan (atrofia por desuso) e evitar cós músculos queden nunha posición ríxida e incorrecta (contractura). O profesional utiliza métodos físicos coma as masaxes que axudan a desenvolver pautas de movementos correctos. Tamén, os poden aconsellar sobre como suxeitar, colocar e trasladar a vosa filla ou fillo.
  • A terapia ocupacional céntrase en optimizar as funcións do corpo e mellorar a postura co obxetivo de que a persoa consiga a maior autonomía posible. Aprenderán as actividades básicas da vida cotidiá como vestirse ou comer. O terapeuta ocupacional coñece as axudas técnicas e adaptacións que poden mellorar a calidade de vida da persoa con parálise cerebral.
  • Durante os primeiros meses de vida, os logopedas céntranse nas dificultades que aparecen para beber ou comer, debido aos músculos que moven a boca, mandíbula e lingua. Máis adiante, o profesional os axudará se a vosa filla ou fillo presenta problemas para comunicarse,  exercitando os músculos fonatorios e empreando dispositivos alternativos de comunicación.
  • As terapias recreativas reforzan os aspectos físicos, psicológicos e sociais. Destacan as terapias artísticas ( danza, teatro, pintura), terapia de caricias ( técnica de masaxe infantil), musicoterapia, hidroterapia, terapias asistidas por animais ( con cans, cabalos, delfíns).

A parálise cerebral non ten cura, é unha lesión irreversible que non evoluciona, sen embargo os síntomas manifestados poderán ir modificándose.

Existen  tratamentos que poden contribuír a mellorar a calidade de vida das personas con parálise cerebral, por iso é importante que a nena ou neno poida recibir estimulación temperá co obxetivo de potenciar ao máximo o seu desenvolvemento.

A familia observa no seu fillo ou filla que o seu comportamiento non evoluciona segundo o desenvolvemento común. Os síntomas clínicos poden ser:

  • Ausencia de coordinación en movimientos voluntarios(ataxia).
  • Músculos ríxidos, tensos e reflexos exagerados (espasticidade).
  • Variacións no ton muscular, que pasa de flácido a ríxido.
  • Temblores ou movementos involuntarios.
  • Dificultades para suxeitar a cabeza, sentarse, gatear ou andar na idade estimada.
  • Falta de interacción coas personas da contorna: non fixar a mirada, no responder a estímulos…

Ante cualquera dúbida é importante que a familia acuda ao pediatra ou médico de cabeceira para que poida realizarle unha valoración exhaustiva e saber se existe unha posible discapacidade.

Newsletter

Boletín

de Novas