Dificultades asociadas

Os sentimentos máis comúns que experimentan a maioría dos pais son medo, frustración ou indignación, así como unha sensación de soidade. É fundamental falar con outros país, nais ou grupos que axuden a entender a situación e seguir mantendo o contacto con familiares e amigos.

No proceso de aprendizaxe para axudar os seus fillos e fillas, os pais van gañando confianza e os temores diminúen.


O día a día das familias

Con frecuencia, son os pais os que sospeitan que as habilidades motoras do seu fillo non están desenvolvéndose con normalidade. Por iso, é fundamental realizar un diagnóstico precoz se comprobamos unha evolución tardía no desenvolvemento do bebé en cualquera das esferas durante o primeiro ano de vida, momento ideal para lograr un maior grado de rehabilitación.

Os signos da parálise cerebral xeralmente móstranse antes de que a persoa acade os 3 anos. É necesario unha atención global, un tratamento que axude a mellorar a súa motricidade, estimule o seu desenvolvemento intelectual e lles permita desenvolver mellor o seu nivel de comunicación posible. En atención temperá abórdase dende os ámbitos da saúde, a educación e os servizos sociais para mellorar a súa calidade de vida.

Confederación ASPACE creou un espazo dedicado especialmente ás familias. En familiaspace podedes realizar un primeiro achegamento para descubrir a parálise cerebral, vos ofrecerán respostas a dúbidas que irán xurdindo nestos primeiros momentos nos que vos podedes sentir desorientados.

Newsletter

Boletín

de Novas