O prazo de solicitude estará activo ata o 30 de setembro
A Secretaría de Estado de Educación vén de facer pública a convocatoria de becas e axudas ao estudio para alumnas e alumnos con necesidade específica de apoio educativo durante o vindeiro curso escolar 2021-2022.
A resolución recoñece a necesidade de “especial protección” a escolares que precisen un apoio educativo determinado, ben por estar derivado dunha “discapacidade da que resulte a necesidade de recibir educación especial, ben debido a unha alta capacidade intelectual que necesite actividades complementarias á formación regrada”.
É por isto que a convocatoria distingue entre axudas directas, subsidios por necesidades educativas especiais e axudas para programas específicos complementarios, ao tempo que establece os seguintes beneficiarios e beneficiarias:
– Alumnado que presente necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou transtornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe.
– Escolares con Trastorno do Espectro Autista (TEA).
– Alumnos e alumnas con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.
Cada tipo de beneficiario leva asociada unha serie de requisitos en canto a idade, modalidade de familia, documentación de soporte e niveis educativos exixidos.
A convocatoria tamén inclúe un conxunto de exixencias de carácter económico, xa que non se poderán sobrepasar os umbrais establecidos de renta e patrimonio.
O prazo de solicitude das axudas estará vixente desde o 3 de agosto ata o 30 de setembro e poderá realizarse por internet no inderezo www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación y Formación Profesional na páxina https://sede.educacion.gob.es
Toda a información, requisitos, clases e cuantías das axudas, así como o procedemento de solicitude, na documentación adxunta ao final desta nova.