Co testemuño de Coral Vázquez, de ASPACE Coruña, continuamos a serie de artigos sobre o labor do Grupo Talento ASPACE de Sexualidade e Afectividade que coordina Federación ASPACE Galicia
“Aínda considérome novata no grupo, mais grazas a eles fun aprendiendo a importancia da Intimidade-Afectividade-Sexualidade dos nosos usuarios.
A afectividade-sexualidade é un tema controvertido, do que moitos opinan, pero moi poucos actúan. Os nosos usuarios teñen moi limitada a súa intimidade, tanto nas súas casas, como nos centros. A meirande parte das veces vese comprometida pola rapidez do noso día a día, porque son eternos nenos, porque nas institucións non é un tema prioritario, etc.
Pero se parásemos a pensar se realmente nos gustaría que se metesen na nosa habitación sen permiso, que estivesen varias persoas no baño mentres nos duchamos, se deixamos que todo o mundo meta a man no noso bolso ou na nosa mochila, decataríamosnos da importancia do tema.
Co grupo de Talento aprendín a importancia da intimidade, e intento transmitila na asociación. Este ano plasmamos a súa importancia a través de varios carteis, que temos expostos preto dos lavabos.
Co grupo Talento fixéramos un vídeo onde lles pediamos ás familias, aos usuarios e aos profesionais que reflexionasen sobre canto mudou o tema da intimidade-afectividade. Se volvesen atrás 20 ou 25 anos, que farían diferente en relación a este tema. O vídeo amósanos varias reflexións, de varios aspectos que melloraron e doutros que debemos mellorar. Por iso debemos seguir traballando sobre o tema e non deixalo de lado.
É importante ir dando pequenos pasos no tema da intimidade-afectividade. Por iso, este ano decidimos crear, por unha banda, un punto dedicado á intimidade na entrevista de ingreso nos centros, para que, tanto o usuario como a familia, decátense da importancia deste tema e sexa abordado dende o principio. E tamén estamos creando unha segunda entrevista máis enfocada na parte de afectos e erótica que se faría co usuario, sempre co seu consentimiento, ou cos pais, cando teñamos un pouco máis de confianza con ele. Isto axudaranos a poder realizar intervencións eficaces e facer un seguimento dos casos.
Aínda non rematamos, pero a experiencia e a reflexión que estamos a facer axudaranos a mellorar a intimidade dos nosos usuarios, e mellorar a súa calidade de vida.
Por Coral Vázquez, ASPACE Coruña
O programa TALENTO ASPACE é unha iniciativa da Confederación ASPACE, que ten como finalidade compartir boas prácticas no trabajo con persoas con parálise cerebral entre profesionais de diferentes entidades ASPACE.