Transparencia

O Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia colaboran coa Federación ASPACE GALICIA. Ano 2019

A Xunta de Galicia, o Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do programa Operativo de Emprego Xuvenil, colaboran coa Federación ASPACE GALICIA no desenvolvemento do proxecto de FORTALECEMENTO DO MOVEMENTO ASOCIATIVO DA PARÁLISE CEREBRAL (Expediente TR352 C 2019/165-0)

O proxecto de FORTALECEMENTO DO MOVEMENTO ASOCIATIVO DA PARÁLISE CEREBRAL de Federación ASPACE Galicia pretende estender na sociedade o coñecemento sobre o colectivo das persoas con parálise cerebral, as súas capacidades e as súas necesidades a través de proxectos de sensibilización, reivindicación e incidencia política. Para a consecución deste obxectivo fomentaremos a creación de materiais audiovisuais e de sensibilización sobre o colectivo das persoas con parálise cerebral, potenciaremos a páxina web da entidade e as redes sociais e organizaremos diferentes accións de sensibilización.

Pretendemos fomentar a incorporación das persoas con parálise cerebral ao mercado laboral, prestando os apoios necesarios para fomentar a súa autonomía no posto de traballo. Para elo fomentaremos a organización de accións de formación en habilidades sociais, preparación prelaboral,…

O obxectivo dos profesionais contratados a través desta convocatoria de subvencións é a adquisición de competencias profesionais e experiencia laboral que lles permitan incorporarse de xeito definitivo no mundo laboral con autonomía.

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do seu programa Operativo de Emprego Xuvenil. (Eixo prioritario 5. Prioridade de investimento, 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.)

O Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia colaboran coa Federación ASPACE GALICIA. Ano 2018

A Xunta de Galicia, o Fondo Social Europeo e a iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do programa Operativo de Emprego Xuvenil, colaboran coa Federación ASPACE Galicia no desenrolo do proxecto de COIDADOS BÁSICOS DE PERSOAS CON PARÁLISE CEREBRAL (Expediente TR352C 2018/143-0).

A atención directa e os coidados básicos para as persoas con Parálise Cerebral son fundamentais para favorecer a súa máxima inserción socio laboral de forma efectiva.

O proxecto de COIDADOS BÁSICOS DE PERSOAS CON PARÁLISE CEREBRAL de Federación ASPACE Galicia pretende mellorar a atención directa a persoas con parálise cerebral, a través da contratación de coidadores que complementen o traballo que realizan os profesionais cualificados da entidade dos seus servizos de emprego, formación, novas tecnoloxías, sensibilización…

Esta axuda está financiada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do seu programa Operativo de Emprego Xuvenil. (Eixe prioritario 5. Prioridade de inversión, 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.)

O Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia colaboran coa Federación ASPACE Galicia

A Xunta de Galicia, o Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do programa Operativo de Emprego Xuvenil, colaboran coa Federación ASPACE GALICIA no desenvolvemento do proxecto de Mantemento de Servicios Esenciais da entidade.

A atención directa e os coidados básicos para as personas con Parálise Cerebral, son fundamentais para favorecer a súa máxima inserción socio laboral de xeito efectivo.

O proxecto de Mantemento de servicios esenciais de Federación ASPACE Galicia pretende mellorar a atención directa a persoas con parálise cerebral, a través da contratación de coidadores que complementen o traballo que realizan os profesionais cualificados da entidade dos seus servizos de emprego e formación, novas tecnoloxías, sensibilización,…

Esta axuda está financiada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do seu programa Operativo de Emprego Xuvenil. (Eixe prioritario 5. Prioridade de inversión, 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.)


Certificados e Recoñecementos