A parálise cerebral
Que é?
A definición científica da parálise cerebral describe esta discapacidade como “un trastorno global da persoa, que consiste nunha desorde permanente e non inmutable do ton, a postura e o movemento, debido a unha lesión non progresiva no cerebro antes de que se complete o seu desenvolvemento e crecemento”.
A parálise cerebral a miúdo maniféstase con dificultades no desenvolvemento. Os pais preocupados sobre a evolución do seu bebé deben consultar co seu pediatra, para que poida determinar se é un factor que puidera indicar a existencia dalgunha discapacidade. É fundamental realizar un diagnóstico precoz do retraso no desenvolvemento do bebé en calquera das esferas durante o primeiro ano de vida, xa que é o momento ideal para lograr maior grado de rehabilitación da persoa.
O grado no que esta discapacidade afecta a cada rapaz ou rapaza é diferente e ven determinado pola intensidade e o momento concreto no que se produce a lesión. De modo que podemos atoparnos con persoas que conviven cunha parálise cerebral que resulta apenas perceptible, frente a outras que necesitan do apoio de terceiras persoas para realizar as tarefas básicas da súa vida diaria.
A parálise cerebral non se pode curar pero, se a persoa afectada recibe unha atención adecuada, poderá levar unha vida plena.
Rasgos
Os rasgos da parálise cerebral xeralmente admitidos son:
- É un desorde permanente, isto implica que a lesión neurolóxica que produciu é irreversible e persiste ao longo de toda a vida.
- A lesión non muda, é inmutable. O dano neurolóxico non aumenta, nin disminúe aínda que as consecuencias e os síntomas que se vaian manifestando poden mudar, mellorar ou empeorar. A alteración do sistema neuromotor inflúe en aspectos físicos como son a postura ou o movemento.
- A lesión prodúcese antes de que o desenvolvemento e o crecemento do cerebro se complete.. Pode ocurrir durante a xestación, o parto ou os tres primeiros anos de vida do neno ou nena, xa que é nese período de tempo cando o sistema nervioso central atópase en plena maduración.
- A lesión también pode afectar a outras funcions coma a atención, a percepción, a memoria, a linguaxe e o razonamento. O número de funcións danadas depende por un lado, do lugar, tipo, localización, amplitude e disfunción da lesión neurolóxica; e polo outro, polo momento no que se produce o dano, é dicir, o nivel de maduración do encéfalo
- Ademais, a lesión interfire no desenvolvemento do Sistema Nervioso Central. Unha vez producido o dano, repercute no proceso madurativo do cerebro e no desenvolvemento do neno e da nena.
Causas
Non se pode dicir que exista unha causa da parálise cerebral, senón que pode sobrevenir por distintos factores que teñen lugar antes, durante ou despois do nacemento, dentro dos tres primeiros anos de vida.
Entre un dez e un quince por cento dos nenos e nenas con parálise cerebral adquiren este trastorno nos meses seguintes ao parto e pode ser consecuencia de infeccións cerebrais ou por lesións na cabeza. En moitos casos, nin sequera se coñece a causa que a desencadenou; únicamente obsérvase unha alteración do desenvolvemento cerebral ou unha lesión na rexión do cerebro encargada do control da función motora.
Causas Prenatais
Suceden durante o embarazo, os motivos máis frecuentes que causan parálise cerebral son:
- Hipoxia: Insuficiencia de osíxeno no cerebro.
- Apoplexía ou hemorraxia intracraneal: prodúcese por varios factores, coma a obstrucción ou rotura dos vasos sanguíneos do cerebro debido as células sanguíneas anormais. A hemorraxia intracraneal dana os tecidos cerebrais e causa problemas neurolóxicos.
- Exposición da nai a Raios X, intoxicacións, infeccións, virus…
Causas Perinatais
Acontecemento durante o parto ou nos momentos inmediatamente posteriores ao nacimento.
- Desprendemento da placenta.
- Anoxia ou Asfixia Perinatal: a falta ou insuficiencia de oxíseno na sangue poden causar unha deficiencia de osíxeno no cerebro do recén nacido
- Apoplexía ou hemorraxia intracraneal: pode desencadearse por unha insuficiencia respiratoria no recén nacido.
- Traumatismo: Caídas, golpes na cabeza, etc.
Causas Postnatais
Acontecen despois do parto, ata os tres anos de vida.
- Enfermidades infecciosas.
- Accidentes cardiovasculares.
- Meningitis.
- Traumatismos ou golpes na cabeza.
- Intoxicacións polo uso inadecuado dos medicamentos.
- Deshidratación.
- Anoxias.
- Trastornos metabólicos.
Tipos
A lesión cerebral dificulta ou non permite a trasmisión de mensaxes do cerebro hacia os músculos, obstaculizando o seu movemento.
Hai diversos tipos dependendo das diferentes ordes
cerebrais que non se producen correctamente.
Segundo a parte afectada
Segundo o trastorno Tónico-Postural
Segundo a severidade
Signos clínicos
Xunto ás dificultades no movemento poden aparecer manifestacións sensoriales e cognitivas. Ás veces, atoparémonos con persoas con pluridiscapacidade. As manifestacións máis comúns son:
Disfaxia
Unha elevada porcentaxe de persoas con parálise cerebral ten dificultades de deglución ou disfaxia (dificultade para a deglución nunha persoa, resultante dunha lesión ou enfermidade neurolóxica). Este feito non só impide a introdución de novos sabores, texturas e alimentos, se non que tamén presenta dificultades respiratorias, dixestivas, físicas e psicolóxicas.
As entidades ASPACE levamos anos desenvolvendo experiencias pioneras no uso de alimentos texturizados para mellorar a seguridade e a eficacia da alimentación en persoas con parálise cerebral, favorecendo que a comida sexa un momento de disfrute. Dende Confederación ASPACE, entidade da que forma parte ASPACE Galicia, está apostando por proporcionar formación, información e equipamientos para promover a incorporación da texturización de alimentos para persoas con parálise cerebral con problemas de disfaxia.
ASPACE-Galicia, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns, organizou en 2019 un ciclo formativo sobre Alimentación segura e eficaz en persoas con parálise cerebral en Galicia. Nas ponencias abordáronse diferentes perspectivas profesionais dende logopedia, nutrición, fisioterapia ata aspectos nutricionais da alimentación, importancia da postura e o posicionamiento, hidratación ou hixiene bucal.