Subvencionaranse tamén, por primeira vez, as necesidades producidas en períodos de vacacións escolares
Procurando sempre estar ao tanto das novidades de interese para o colectivo de persoas con parálise cerebral e as súas familias, o Servizo de Información de Federación ASPACE Galicia facilita información actualizada sobre becas, axudas, subvencións e outros recursos.
Coa finalidade de poñer “ao dispor das familias solucións efectivas para necesidades de conciliación, a Consellería de Política Social vén de facer públicas as bases do Programa Bono Coidado para este ano, ao que se destinan case dous millóns de euros.
A convocatoria de 2021 mantindrá a línea de proporcionar “recursos para cubrir supostos de enfermidade do neno, da nena ou da persoa coidadora habitua, a asistencia a entrevistas de traballo e cursos de formación ou outras situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado que impidan compatibilizar o desempeño profesional coa atención das responsabilidades familiares”.
Porén, o programa deste ano introduce algunhas novidades importantes, como a obligatoriedade do emprego de medios electrónicos para a tramitación de solicitudes e a inclusión de cobertura aos períodos de vacacións escolares.
As axudas, polo tanto, quedan destinadas a familias con menores de ata doce anos de idade (incluidos) residentes en Galicia e que aleguen necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2021, con carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares.
Os gastos obxecto da subvención son os seguintes:
- Contratación laboral dunha persoa ao coidado do ou da menor.
- Servizos de atención á infancia no domicilio.
- Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social, tales como ludotecas, espazos infantís, etc.
O tipo de axuda e as contías establecidas son:
- Máximo de 500 euros por unidade familiar no caso de contratación dunha persoa empleada de fogar ou de servizos de atención á infancia no domicilio.
- Ata 200 euros por menor no suposto de asistencia a servizos de conciliación autorizados, campamentos ou outros recursos.
As solicitudes presentaranse de xeito obrigado por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
O prazo comezou o pasado 10 de agosto e remata o 30 de setembro de 2021.
Toda a información, documentación necesaria e formularios de solicitude na ligazón ao final desta noticia (publicación DOG).
ORDE do 27 de xullo de 2021, Diario Oficial de Galicia (DOG)
Outras convocatorias de interese na sección do Servizo de Información