Confederación ASPACE lidera unha nova campaña que pon en valor o voluntariado

Mellor, contigo! É o lema da nova campaña que lidera Confederación ASPACE para poñer en valor a labor do voluntariado dentro do Movemento ASPACE. Porque non só as entidades ASPACE cos seus profesionais son as que traballan por mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral se non que a colaboración altruísta de máis de 1.700 persoas permite realizar moitas actividades en favor da inclusión social.

Grazas ó traballo dos/as voluntarios/as moitas asociacións da rede ASPACE reciben un apoio importante que se traduce en que as persoas con parálise cerebral participen en máis e mais variadas actividades. Proxectos de ocio, deporte, inclusión social, acompañamento, axuda a domicilio… son unha realidade grazas á acción voluntaria.

“Eu fago o que vostede non pode, e vostede fai o que eu non podo. Xuntos podemos facer grandes cousas” – Madre Teresa de Calcuta. Entendemos, por tanto, que o voluntariado é unha fonte de experiencias para as persoas que deciden de forma desinteresada axudar ós demais, e un instrumento de unión entre dúas persoas con circunstancias persoais moi distintas.

A nova campaña pon o foco, por tanto, no valor do voluntariado como apoio para a inclusión social e o seu impacto positivo para as persoas implicadas. Dende Federación ASPACE-Galicia sumámonos ó lema “Mellor, contigo!” E animamos a todas aquelas persoas que teñan en mente ofrecer o seu apoio acudan á entidade ASPACE máis próxima.

Se vives na Comunidade Autónoma de Galicia e estás a pensar en colaborar, ASPACE-Galicia facilítache os datos de contacto das súas entidades asociadas:

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp