Con esta tarxeta preténdese facilitar a acreditación da condición da persoa con discapacidade. É un documento persoal e intransferible que acredita o recoñecemento do grao de discapacidade e substitúe a todos os efectos á resolución pola que se recoñece este grao.
No Diario Oficial de Galicia do día 4 de agosto de 2016 aparece publicada a orde pola que se crea a tarxeta acreditativa do grao de discapacidade e se regula o procedemento para a súa obtención. Podes consultar este documento AQUÍ.
BENEFICIARIOS.
Os beneficiarios desta tarxeta serán as persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% (segundo o procedemento do Real Decreto 1971/1999, de procedemento para o recoñecemento, declaración ou cualificación do grao de discapacidade).
A tarxeta é un documento persoal e intransferible que acredita o recoñecemento do grao de discapacidade. Pode ser utilizada polo representante ou gardador de feito da persona con discapacidade para acceder ás vantaxes que aporta o recoñecemento.
VANTAXES DA TARXETA
Anualmente a Xunta de Galicia informará das vantaxes e beneficios vinculados á titularidade da tarxeta a través do portal de Benestar da Xunta de Galicia
PROCEDIMENTO DE EXPEDICIÓN
Existen dúas vías de expedición da tarxeta acreditativa do grao de discapacidade:
- De Oficio: Para aquelas persoas cuxa resolución de recoñecemento ou de revisión do grao de discapacidade teña lugar posteriormente á entrada en vigor da orde ou para aquelas persoas que teñan en curso nese momento unha solicitude de revisión do grado de discapacidade.
- Por solicitude:
- Para aquelas persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade (definitivo ou provisional) igual ou superior ao 33% na data de entrada en vigor da orde, é dicir o 5 de agosto de 2016.
- Para aquelas persoas que acrediten a perda ou substracción da mesma.
- Documentación a Presentar:
- Modelo Anexo 2 (Solicitude de nova tarxeta)
- Modelo Anexo 3 (En caso de perda ou extravío)
- Fotocopia compulsada do DNI do solicitante ou representante legal ou gardador de feito, no caso de non autorizar a órgano competente para a tramitación da solicitude, para a consulta dos datos de identidade.
- Certificado de empadroamento do concello de residencia do solicitante, no caso de non autorizar ao órgano competente para a tramitación da solicitude para a consulta dos datos de residencia.
- De ser o caso, Anexo IV (Autorización de representación) debidamente cumprimentado.
- Fotocopia compulsada do recoñecemento do grao de discapacidade, no caso de non autorizar ao órgano competente para a tramitación da solicitude para a consulta de datos.
- En casos de perda ou substracción da tarxeta, haberá que presentar copia da denuncia presentada ante a autoridade competente.