A ONU recoñece nesta xornada a importancia mundial da radio como medio de información e entretemento.
Este xoves 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio, unha data sinalada pola ONU para destacar a tarefa deste medio de comunicación dende o seu nacemento. O medio de comunicación supuxo unha revolución na comunicación do século XX.
Por que se celebra o Día Mundial da Radio?
A celebración do Día Mundial da Radio todos os 13 de febreiro é relativamente recente. Tanto é así, que aínda non ten unha década. A ONU estableceu esta data en 2011, como conmemoración da creación da radio das Nacións Unidas en 1946.
Como explica a ONU na súa páxina web, a proposta xorde da Academia Española de Radio: en 2008 o seu presidente, Jorge Álvarez, solicitou a súa creación ó director xeral da UNESCO daquel entonces, K?ichir? Matsuura. A resolución aprobouse durante a 36ª Conferencia Xeral da organización, por petición expresa do Goberno de España.
O obxectivo desta celebración é destacar a importancia social da radio. Este medio segundo a ONU, é esencial á hora de transmitir información e crear opinión entre a poboación.
Unha data marcada en amarelo no noso calendario
Dos das nosas asociacións celebran de maneira muy especial este día, posto que ambas teñen unha emisora de radio propia: A Radio dos Gatos (ASPACE Coruña) e APAMPDA (APAMP Vigo)
Por unha banda, Radio dos Gatos creouse a principios de 2011. A titora dun dos obradoiros do Centro de Día presenta un proxecto á dirección, que dá o seu apoio e aprobación e o 18 de febreiro sae á luz o primeiro programa. A día de hoxe, emitíronse case 270 programas a través da megafonía do centro. Tamén se poden escoitar os programas a través do Facebook da entidade.
O programa está realizado por persoas con parálise cerebral da asociación, boa parte das personalidades que visitaron o centro pasaron polos seus micrófonos: o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad; o Delegado Territorial da Xunta en A Coruña, Belén Docampo; a Vicepresidenta da Fundación Barrié, Pilar Romero Vázquez-Gulías; o Presidente da Confederación ASPACE, Jaume Marí; o Presidente de ASPACE Coruña, Antolín Rodríguez Martínez, entre outros. Con esta iniciativa, ASPACE gañou o Premio Nacional Romper Barreras 2011, organizado por Toshiba e B&J Adaptaciones, tras recibir o apoio dos votos de case 10.000 internautas de toda España.
Por outra banda, APAMP goza locutando APAMPDA, o seu programa de radio. Unha emisora xestionada polos propios usuarios da entidade e na que eles mesmos darán a coñecer, a través dos seus programas, todas as novidades relacionadas coa asociación, o mundo da parálise cerebral e outras cuestións de actualidade. Dende a súa creación, entrevistáronse con persoas relevantes como Abel Caballero (alcalde de Vigo) ou Rubén Riós (director de cine).
Dende aquí queremos felicitar a todos os profesionais da radio e agradecer o seu traballo por acompañarnos, informarnos e divertirnos cada día!