O Restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe acolleu a segunda fase de ‘En ASPACE Cocinamos Juntos’, un concurso gastronómico organizado por Federación ASPACE-Galicia

En total, nove parellas compostas por unha persoa con parálise cerebral acompañada dun familiar ou profesional da entidade elaboraron os seus menús centrándose nas filloas. O grupo formado por Diego Moares, Esteban López e David Villaverde gañaron a semifinal pontevedresa e pasarán á final que terá lugar o 29 de novembro.

O xurado estivo formado por Xosé Torres Cannas do “Restaurante Pepe Vieira” e Julio Sotomayor, de “Nova” en Ourense, ambos membro do Grupo Nove; ademáis do bloguero gastronómico, Alberto Rivas de “Máis grelos”.  Como novidade, os usuarios puideron presentar as súas receitas en pictogramas e en modo texturizado.

Os gañadores levaron un lote de productos gourmet cedidos polas empresas colaboradoras. As aportacións foron cedidas por Leite Larsa, Cerveza Meiga, Harinas Reyes, Portomuiños, Aceites Abril, Secretos de Galicia, Hifas da Terra e Mel de Galicia.

A próxima semifinal será o 23 de novembro, os participantes de APAMP Vigo reuniranse no centro de APAMP en Navia.  Os gañadores das tres semifinais acudirán á final, o 29 de novembro na Escuela Naval Militar de Marín.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp