A Consellería de Política Social orza 600.000 euros ao longo de 2021 para mellorar a conciliación das familias galegas con persoas dependentes ou con discapacidade
Xa está publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova orde que abre a convocatoria e establece as bases reguladoras polas cuais rexirase a concesión de axudas para 2021 do programa Respiro Familiar da Xunta de Galicia.
Financiado pola Consellería de Política Social, o programa conta este ano cun orzamento de 600.000 euros destinados a mellorar “a conciliación das familias galegas e a fomentar novas actividades, coa finalidade de que dispoñan dun abano máis amplo de posibilidades que dean resposta a necesidades puntuais”.
É por isto que o programa prevé a concesión de axudas económicas a través de dúas modalidades: Respiro no fogar e Respiro en residencia.
Beneficiarios/as:
Persoas coidadoras habituais no profesionais que atendan de xeito continuado a unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida ou en situación de necesidade de terceiros para actividades da vida diaria.
Requisitos:
– O/A solicitante debe residir na Comunidade de Galicia.
– A persoa á que se atende debe presentar algunha das seguintes situacións:
a) Discapacidade física, psíquica ou mental, con necesidade de axuda de terceiras persoas para actividades da vida diaria, recoñecida en grado igual ou superior ao 75%.
b) Situación de dependencia de graos II ou III, recoñecida por organismo competente.
c) No caso de non cumprir cos epígrafes anteriores, deberase presentar un informe médico e social que acredite que a persona á que se atende atópase nunha situación de necesidade de terceiros para realizar as actividades da vida diaria.
– A persoa solicitante debe cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Tipo de axuda e cuantía:
– Respiro no fogar: contribución ao pago do servizo de atención a persoas no domicilio para cubrir necesidades puntuais convenientemente acreditadas en ausencia dos/as coidadores/as. Ata un 100%, cun máximo de 1.000 euros beneficiario/ano. Financiaranse actividades como compañía activa, acompañamento, paseos e axuda para desplazamentos, aseo, hixiene persoal e movilización, administración de alimentos, etc.
– Respiro en residencia: axuda para cubrir gastos dunha residencia autorizada pola Consellería de Política Social ante unha necesidade puntual en casos convenientemente acreditados. Servizos: aloxamento, manutención completa, atención integral, atención médica, psicolóxica e social. Ata o 100%, cun máximo de 1.500 euros beneficiario/ano.
O prazo de solicitude estará aberto desde o 11 de xuño ata o 30 de setembro de 2021 para xustificar servizos prestados estre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro deste ano.
Toda a información e máis os formularios e a documentación xustificativa necesarios para presentar a solicitude en https://sede.xunta.gal