Club deportivo TA.MI.AR – APAMP

A agrupación deportiva TAMIAR-APAMP é unha entidade privada sen ánimo de lucro, constituída en 1987, que ten por obxecto exclusivo o fomento e práctica de actividades físico-deportivas, non limitadas a un só ámbito, modalidade ou disciplina.

A agrupación deportiva constitúese o 9 de outubro de 1987 ao amparo da Lei 13/1980 de 31 de Marzo Xeral da Cultura Física e Deportes e de canto dispón o Real Decreto 1697/1982 de 18 de Xuño sobre Agrupacións Deportivas co número 1420 e número de identificación fiscal G-36 657 450.

As fins da agrupación son:

+   Desenvolver actividades físico-deportivas entendidas na liña do deporte para todos e do tiempo libre.
+   Fomentar, promocionar e divulgar a idea do exercicio físico e o deporte en xeral, pois recoñécese que son un medio ao servizo do pleno desenvolvemento da persoa.

Forman parte de dita agrupación as persoas con parálise cerebral e discapacidades afins, así como os seus familiares, que queiran participar nas actividades físico-deportivas da agrupación.

Coñece máis sobre deporte e parálise cerebral

Contacto

Enderezo: Rúa Miguel Hernández, 1, Vigo, 36.210, Pontevedra
Teléfono: 986 85 76 80
Correo electrónico: apamp@apamp.org

Centro Hoy por Mañana: Ludoteca de integración

O centro Hoy por mañana, ubicado na Rúa Sagunto, 86 de Vigo, conta con unha ludoteca de integración. Trátase dun servizo de ocio e tempo libre para nenos de 4 a 10 anos con e sen discapacidade. Preténdese fomentar a interacción, integración e tolerancia entre nenos e nenas con e sen discapacidade a través de actividades lúdicas e de aprendizaxe compartidas nun espazo de lecer e tempo libre.

Dúas monitoras realizan cos nenos actividades lúdicas (manualidades, xogo libre, contacontos, teatro, etc)
Permanece aberta de 17.00 a 20.00 horas de luns a venres, todos os meses agás agosto. Na ludoteca organízanse actividades lúdicas adaptadas aos nenos que teñen algún tipo de discapacidade.

Contacto

Enderezo: Rúa Sagunto, 86, bajo. Vigo, 36.205, Pontevedra
Teléfono: 986 261 098
Correo electrónico: apamp@apamp.org

Centro ASPACE-Lugo

ASPACE Lugo conta cun centro de atención a persoas con parálise cerebral ubicado na rúa Alfredo Brañas, 1 (Lugo)
O local está cedido pola Consellería de Vivenda e Solo. Trátase dun espazo dividido en tres zonas, no que se prestan diferentes servizos.

Contacto

Enderezo: Rúa Alfredo Brañas, 1 . Lugo, 27.004
Teléfono. 982202778
Correo electrónico: aspace_lugo@hotmail.com

{tab=ASPACE-Coruña}

Club Sport ASPACE

O Club Sport ASPACE creouse no ano 1987. Nos seus comezos eran os pais xunto cos técnicos quen acudían aos campionatos acompañando aos deportistas. Mais adiante, coa meta de favorecer a independencia e a emancipación dos atletas decidiuse que foran unicamente os técnicos de cada modalidade deportiva os que os acompañasen.

As modalidades deportivas que se practican no Club Sport ASPACE son a boccia e o slalom e nelas participan 12 usuarios de ASPACE. Froito do traballo dos deportistas e dos seus adestradores, o club conseguiu acadar numerosos éxitos tanto en competicións nacionais como internacionais. O último logro: gañar o Campionato Nacional de Slalom 2010, celebrado en Elche.

A práctica destes deportes responde a un obxectivo: favorecer a integración das persoas con parálise cerebral, desenvolver a súa autonomía persoal e a súa autoestima.

Coñece máis sobre deporte e parálise cerebral

Contacto

Enderezo: Casteliño 24, Lugar de Osedo, Sada. 15160 A Coruña
Teléfono: 981610312
Fax: 981610359
Correo electrónico: aspacecoruna@aspacecoruna.e.telefonica.net

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp