Usuarios de ASPACE-Coruña recibiron unha clase de tenis na escola Marineda
Os membros da asociación ASPACE-Coruña recibiron o pasado 16 de xuño unha clase de tenis nas instalacións da Escola de Tenis Marineda.
Durante a primeira parte da clase recibiron unha charla para coñecer as nocións básicas do deporte no que se ían adentrar. Posteriormente, e durante máis de dúas horas, os rapaces estiveron dando raquetazos e presenciando a evolución do resto de xogadores que estaban na clase.
Os usuarios de ASPACE-Coruña pasaron unha mañá moi animada nas instalacións da Escola de Tenis Marineda, na que compartiron con outros moitos xogadores a experiencia dun novo deporte: o tenis.