Trátase dunha terapia de socialización realizada en colaboración coa empresa Lobos de Naraio.

A terapia con animais é unha práctica común en ASPACE-Coruña, pero esta semana a visita que recibiron os usuarios foi moito máis especial.

La terapia con animales es una práctica común en ASPACE-Coruña

Sete cans lobo checoslovacos acudiron ao centro de Sada acompañados por Yago Ricoy, técnico en intervención asistida con animais da empresa Lobos de Naraio, e colaborador desta asociación.

Esta actividade foi organizada por un dos monitores dos talleres do centro de día, Jacinto Creo, e foi todo un éxito de participación.

Todos os usuarios quixeron coñecer de cerca a estes cariñosos cachorros e non dubidaron en ofrecerlles o seu colo e múltiples carantoñas.

Lobos de Naraio é unha empresa situada na comarca de Ferrolterra que conta cun centro no que educan e adestran animais pero ademais son especialistas na terapia asistida con cans. Utilizan cans lobo checoslovacos porque son animais moi comunicativos, que están sempre moi pendentes do seu dono, son serenos, activos e aprenden moi rápido.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp