Terá lugar o vindeiro 25 de outubro no salón de actos do Hospital Xeral de Lugo en horario de 10.00 a 13.00 horas

A Asociación de Nais e Pais de afectados por Parálise Cerebral da provincia de Lugo (ASPACE-Lugo) celebrará o vindeiro 25 de outubro xunto coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns o curso «Vivindo coa Parálise Cerebral», no salón de actos do Hospital Xeral de Lugo en horario de 10.00 a 13.00 horas.

O obxectivo principal deste curso é axudar aos coidadores informais a manexar os seus medos, dúbidas e ansiedades mediante a aprendizaxe de técnicas de relaxación, así como instruílos na toma de conciencia de coidarse máis e saber pedir axuda cando se precisa.

Nesta actividade formativa ademais trataranse as técnicas de mellora da habilidade de coidadores de afectados por parálise cerebral, promoción da saúde dos afectados por parálise cerebral, fomento da integración social, educativa, laboral e sanitaria e posta en común de experiencias de coidadores de afectados por parálise cerebral.
Os interesados en participar neste curso poderán obter máis información no seguinte enlace:
http://feweb-fegas.sergas.es/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp