A gala de entrega dos premios puxo o broche de ouro a unas xornadas que reuniron en Santiago de Compostela a máis de 400 persoas representantes do colectivo ASPACE a nivel nacional.

A Xunta de Galicia, A Fundación Barrié, Pablo Terrazas e Luisa Fúñez foron recoñecidos cos IV Premios ASPACE IPSEN PHARMA, uns galardóns instituídos por Confederación ASPACE,  coa colaboración dos laboratorios IPSEN PHARMA, para recoñecer a labor de persoas e institución en favor do colectivo da parálise cerebral, e que foron entregados o pasado 4 de outubro no auditorio de Galicia no marco das xornadas de celebración do Día Mundial da Parálise Cerebral.

A Xunta de Galicia recibiu o galardón na categoría de institución pública polo apoio constante prestado as entidades de parálise cerebral na rexión, especialmente durante este 2014 coa proclamación do Ano Galego da Parálise Cerebral. Beatriz Mato Otero, Conselleira de Traballo   e Benestar da Xunta de Galicia, recibiu o premio de mans de Jaume Marí, presidente de Confederación ASPACE.

Na traxectoria vital, o premiado foi Pablo Terrazas, usuario de ASPACE La Rioja que traballa como técnico informático na administración pública dende 1990. Forma parte de diversos grupos de traballo no Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade e membro da xunta directiva da súa entidade ASPACE. Sen dúbida, a súa vida constitúe un exemplo de superación e esforzo para tódalas persoas con parálise cerebral.

Luisa Fúñez, presidenta da Fundación Bobath, recibiu o premio IPSEN PHARMA as boas prácticas pola creación do Centro de Atención a Parálise Cerebral que logrou que numerosos alumnos alcanzarán o seu soño máis anhelado: a formación superior, abríndolle unha porta o mundo laboral e unha vida autónoma e normalizada.

Pola súa parte, a Fundación Barrié, foi premiada na categoría de institución privada pola súa especial sensibilidade cara o colectivo de persoas con parálise cerebral de Galicia, polo seu apoio incondicional o movemento ASPACE dende o seu nacemento na nosa comunidade autónoma, estando presente na dotación de recursos e de programas orientados especialmente o noso colectivo.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp