O 28 de abril o Goberno de España presentou as fases do proceso de desescalada do Estado de Alarma. Esta información é orientativa e irase adaptando á realidade de cada territorio, en función dun panel de indicadores que se definiron para tal fin.

Esta información, de momento se ofrece de forma xeral, e aínda cun baixo nivel de concreción, que se irá definindo nos próximos días e semáns.

En relación aos servizos sociais e de atención ás persoas dependentes, establécense as seguintes fases:

FASE 0

  • Completar a incorporación de traballadores sociais dada a súa importancia na protección de colectivos especialmente vulnerables.

FASE 1

  • Reactivación progresiva dos servizos sociais, con atención prioritaria aos colectivos máis desfavorecidos, en función das recomendacións sanitarias establecidas.
  • Entre eles, e na atención ás persoas con discapacidade, as terapias de atención temperá, ocupacionais, de rehabilitación e psicosociais.
  • Atención domiciliaria e seguimiento continuo á persoas maiores que non vivan en residencias.

FASE 2

  • Visitas dun familiar á persoas con discapacidade en residencias e vivendas tuteladas (salvo no caso das residencias de maiores).

FASE 3

  • Previsión de desescalada e revisión modelo de residencias de maiores.

Dende Federación ASPACE-GALICIA podereis seguir informados de todas as novidades que produzan con respecto a este tema na nosa web e nas nosas redes sociais.

Para máis información consulta os seguintes documentos:

  1. Plan de transición hacia unha nova normalidade
  2. Cronograma do plan de transición hacia unha nova normalidade
  3. Panel de indicadores do Plan de transición hacia unha nova normalidade
  4. Fases do Plan de transición hacia unha nova normalidade

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp