Os profesionais das entidades de ASPACE en Galicia e as persoas con parálise cerebral cóntanos os 10 datos para coñecer mellor a Parálise Cerebral
As asociacións que integran Federación ASPACE-Galicia, formada por Amencer-ASPACE, Aspace Coruña, APAMP e ASPACE Lugo participaron na campaña que amosa 10 aspectos sobre a parálise cerebral, tratando temas coma a importancia do diagnóstico precoz, a atención temperá, o valor da fisioterapia, así coma as novas tecnoloxías e os sistemas alternativos e aumentativos de comunicación supoñen unha verdadeira revolución para favorecer a autonomía e a autodeterminación das persoas con parálise cerebral.