Programa de empresas
Emprego con apoio
Se contratas a unha persoa con parálise cerebral contarás con o apoio dun Preparador Laboral sen coste para a túa empresa, que realizará accións de orientación, formación e acompañamento individualizado no posto de traballo, para facilitar a adaptación social e laboral do traballador.
Damos apoio na evaluación e adaptación no posto de traballo, axudándote na resolución das dúbidas.

Vantaxes económicas
Existen axudas económicas e bonificacións á contratación de persoas con discapacidade, que varían segundo o organismo cás concede e o tipo de contratación (temporal ou indefinida). Contacta con nós, ofrecemos información sobre que vantaxes económicas se adecúan o teu caso.

Cumplimiento da lei
Informamos e asesoramos sobre as normativas e lexislacións en temas de contratación laboral, tanto no sector público como no ámbito privado.
Por ejemplo, segundo marca a lei, se a túa empresa conta con máis de 50 persoas na plantilla, debes reservar un 2% dos puestos de traballo para as persoas con discapacidade.
Poñemos esta información á túa disposición, sen coste algún para a túa empresa.

Buscas un traballador?
Que máis facemos en ASPACE-Galicia?