Na actualidade, Federación ASPACE-Galicia conta con catro asociacións federadas, que á súa vez integran a máis de 979 asociados, principalmente persoas con parálise cerebral, familiares e amigos.

As entidades membro ofrecen servizos de atención directa a máis de 400 persoas, con 200 profesionais traballando nos distintos centros. Todos os servizos e programas que se realizan desde ASPACE-Galicia e as súas asociacións federadas baséanse en criterios de calidade, co fin de proporcionar ás persoas con parálise cerebral a atención que precisan para alcanzar os máximos niveis de desenvolvemento persoal. Sendo esta atención entendida de maneira integral, intervindo nos distintos aspectos que inciden nestas persoas.