Emprego e formación

Orientación
Formación
Empleo

Se eres unha persona con parálise cerebral e queres prepararte para incorporarte ao mercado laboral, o noso Servizo de Orientación pode axudarte.
Nas primeras entrevistas, falaremos sobre as túas capacidades e necesidades. Con esta información, guiarémoste hacia os recursos de capacitación. Máis adiante, comezaremos un itinerario no que terás atención personalizada, monitoreo continuo e soporte tanto no proceso de búsqueda de traballo, coma unha vez que obteñas un posto de acordo co teu perfil e incluso despois dese período.

Que podemos ofrecer?

  • Información sobre o mercado de traballo e os servizos ofrecidos polos servizos públicos de emprego: dar a coñecer os medios e os incentivos dispoñibles para apoiar ás iniciativas emprendedoras.
  • Diagnóstico individualizado dos demandantes de emprego: informe que inclúe información sobre as características personais relevantes que permita medir o grao de empregabilidade e clasificar á persoa demandante segundo as súas necesidades.
  • Xestión de itinerarios individuais personalizados: diseñamos, realizamos e facemos seguimento dos itinerarios individuais e personalizados de emprego, que inclúen unha proposta de derivación e accións para mellorar a empregabilidade (desenvolvemento de aspectos personais, búsqueda activa de emprego, traxectoria formativa individual, emprendemento).

Solicita cita previa

Formación

A formación é unha ferramenta fundamental para favorecer a inserción laboral das persoas con parálise cerebral. É por iso que, desde Federación ASPACE GALICIA, potenciamos a formación dos usuarios e usuarias do programa. Para elo, ou ben buscamos accións de formación adaptadas e acesibles para as necesidades de cada persoa na súa contorna, ou ben organizamos accións específicas de formación que respondan ás necesidades detectadas.

Formación en competencias clave

Ofrecemos formación nas competencias de matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglés ás persoas que non cumplen cós requisitos de aceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 ou 3. O obxectivo é conseguir a certificación nestas competencias para o aceso á formación profesional ocupacional que conleva aos Certificados Profesionais.

Preparación de oposicións

A Administración Xeral do Estado, a Administración Autonómica e as diferentes Administracións locais reservan dentro do seu Oferta Pública de Emprego plazas para persoas con discapacidade intelectual. Ofrecemos clases de preparación a grupos de persoas con parálise cerebral que queiran obter unha de estas prazas con temarios, resolución de dudas, simulación de probas prácticas…

Curso de Auxiliar de Bedel

Con esta acción formativa, pretendemos dotar aos alumnos dos coñecementos técnicos e as competencias profesionais necesarias para que desempeñen correctamente as función propias dun ordenanza/bedel e mellorar con elo as súas posibilidades de inserción laboral e social.

Emplego con apoio

Terás a posibilidade de aceder a Emprego con Apoio, onde contarás cun preparador laboral que mediante un entrenamento individualizado, te apoiará para lograr a maior autonomía no teu posto de traballo.

Prospección laboral e formativa

Unha vez analizado o teu perfil profesional, levamos a cabo diversas accións encamiñadas a informar, asesorar e detectar necesidades nas empresas, acercando solucións e incidindo na sensibilización da contorna social e laboral, fomentando as oportunidades de emprego para persoas con parálise cerebral.

Ante unha oferta laboral, Federación procede á análise do posto de traballo e as condicións de accesibilidade coa fin de adaptar o perfil ao posto de traballo. Posteriormente, analizamos o mercado formativo na procura de recursos que che permitan mellorar a túa cualificación profesional.

Ao mesmo tempo sensibilizamos ás empresas de formación, informando e adaptando nos casos necesarios, as accións formativas para que podades acceder en igualdade de condicións.

Programa de emprego e formación de Aspace Galicia

Guía apostando polo emprego para la parálise cerebral

Necesitas orientación?


Que máis facemos en ASPACE-Galicia?

Newsletter

Boletín

de Novas