Quen somos

Valores

Transparencia

Creemos na transparencia, facemos públicas e accesibles as nosas contas e memorias de actividades.

Traballo constante

Traballamos en resposta ás necesidades e demandas das persoas con parálise cerebral e as súas familias.

Profesionalidade

Basamos o noso traballo na profesionalidade, implicación e compromiso dos profesionais de Federación ASPACE

Igualdade de dereitos e oportunidades

Reivindicamos a igualdade real de dereitos e oportunidades para as persoas con parálise cerebral.

Calidade

Traballamos por unha xestión con calidade dos servizos e programas que presta Federación ASPACE-Galicia.

Cooperación

Apostamos pola colaboración e o traballo en rede entre profesionais, asociacións, familias, financiadores, administracións e entidades sociaises.


Historia e fitos

Federación ASPACE-Galicia serve como un dinamizador de distintos colectivos, promovemos o asociacionismo e colaboramos coas administracións públicas e organismos privados para dar a coñecer a parálise cerebral, que afecta a dous de cada mil persoas en Galicia

1999

Federación ASPACE nace en Sanxenxo (Pontevedra). Está formada con 4 entidades, que traballan de forma especializada con persoas con parálise cerebral en Galicia

2003

Inauguramos sede propia, onde prestamos os nosos servizos e atendemos as demandas persoalmente.

2005

Lanzamos o Programa de Emprego e Formación, unha iniciativa innovadora para favorecer a formación e inserción laboral das persoas con parálise cerebral.

2011

Certificamos o sistema de xestión de calidade para reforzar o noso compromiso de traballar con criterios de calidade nos servizos e proxectos

2014

Organizamos o Ano Galego da Parálise Cerebral e a I Marcha sobre Rodas, por iso, recibimos o Premio Valor Solidario da Universidade de Vigo

2015

Integrámonos no CERMI GALICIA, a plataforma de representación dos principais colectivos da discapacidade en Galicia.

2017

Organizamos o 1º Encontro de Familias para crear un espazo compartido de proxectos e convivencia que complemente o traballo das asociacións

2018
2019

Celebramos o noso 20 Aniversario valorando o traballo realizado nestes anos e reflexionando sobre os futuros proxectos de Federación e as súas entidades.

Organización

Federación ASPACE-Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública, está dirixida por unha Asamblea de socios e una Xunta Directiva. Coñécenos a través dos nosos órganos de goberno e obxetivos fundacionais.

Asociacións

Na actualidade, Federación ASPACE-Galicia conta con catro asociacións federadas que integran máis de 979 asociados, principalmente persoas con parálise cerebral, familias e amigos.

As entidades ofrecen servizos de atención directa a 400 persoas, con máis de 200 profesionais traballando nos distintos centros. Os servizos e programas que se realizan dende ASPACE-Galicia e as súas asociacións federadas baséanse en criterios de calidade, para proporcionar ás persoas con parálise cerebral a atención que precisan para alcanzar os máximos niveis de desarrollo persoal. Esta atención é integral, intervindo nos distintos aspectos que inciden nas persoas e que contribúen a mellorar a súa CALIDADE DE VIDA e promover a súa AUTONOMÍA PERSOAL

Avda. Camelias nº 36 36202 Vigo, Pontevedra
Calle Sagunto nº 86, 36205 de Vigo
c/ Pedra Seixa nº33 Navia 36212 Vigo- Pontevedra
Camiño Arieiro, 144 -146 36214 Vigo (Pontevedra)
c/ Iglesias Vilarelle s/n (Edificio Posterior Residencia Mayores Xunta de Galicia) 36001 Campolongo-Pontevedra
C/ Duque de Terranova nº7, Urb. O Castriño, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Praza 8 de marzo, 1 – 1º 36003 Pontevedra
Calle de Alfredo Brañas 1, bajo 27004 Lugo
Casteliño 24, Lugar de Osedo 15160 Sada (A Coruña)
Miguel Hernández, 1 36210 Vigo (Pontevedra)
Camelias, s/n. Pontemuiños 36153 Lourizán (Pontevedra)
Newsletter

Boletín

de Novas