Un vídeo conmemorativo, o relatorio de Antonio Orgado, un debate sobre dereitos con persoas con parálise cerebral e a homenaxe aos nosos expresidentes foron os puntos crave no desenvolvemento desta xornada creada por e para as persoas con parálise cerebral en Galicia.

O pasado 19 de Julio ás 11.00 h., quedou inaugurada, na Sala de Conferencias de la Xunta de Galicia, a nosa Xornada XX Aniversario. Rodeados de todos os nosos compañeiros, profesionais e representantes doutras entidades demos o pistoletazo de saída aos actos conmemorativos que non só estiveron organizados con motivo de celebración senón como oportunidade para a formación e o debate de todo o conseguido nestes últimos 20 anos.
Tras o acto inaugural presidido por Mónica Touriño Soto, Presidenta de Federación ASPACE GALICIA; Ildefonso de Cámpaa Montenegro, Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade e Carlos Fernández Lamigueiro, do CERMI GALICIA proxectouse o vídeo conmemorativo da traxectoria da nosa Federación para logo dar paso a José Martínez Orgado. Xefe de Sección e Responsable do Servizo de Neonatología do Hospital Clínico San Carlos de Madrid, foi o encargado de impartir a conferencia “Parálise Cerebral: Novas oportunidades para a redución do dano” na que compartiu con todos nós as súas conclusións como director no ensaio clínico con cannabidiol que se está realizando co fin de reducir os efectos causados por calquera tipo de lesión no cerebro dos neonatos.
Chegaba entón o momento de debate: nunha mesa formada por unha nai, un profesional e 5 dos nosos compañeiros debateuse sobre os dereitos do colectivo achegando luz desde as diferentes perspectivas que nos poden ofrecer un familiar, un profesional e unha persoa con parálise cerebral.
Xa por último a homenaxe aos nosos expresidentes:  Jose María Caeiro, Cheles Quintáns Auriguiberry, Concepción Somoza Torres e Eulogio López Río, sen vós todo isto nunca fose posible.
Orgullosos de celebrar estes 20 anos e… Preparados para os 20 seguintes!
Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp