Esta mañá inaugurouse na galería Sargadelos de Pontevedra unha mostra de traballos feitos por persoas con discapacidade en colaboración coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
A exposición CapacitARTE é o resultado dun traballo de alumnos de voluntariado da Facultade de Belas Artes que realizaron entre os anos 2011 e 2013 nas diferentes asociacións de Cangas e Vigo.
Esta acción foi posible grazas a colaboración entre a Universidade de Vigo e PASOVIGO (Plataforma de accesibilidade solidaria de Vigo) enmarcándose dentro da liña de abrirse ó contexto social no que a comunidade universitaria ven desenrolando nos últimos anos a través de diversas actividades e programas.
ASPANAEX, ASPAVI, DOA E APAMP foron as entidades que participaron dende 2011 e en total cha colaborado 19 alumnos da facultade pontevedresa, baixo a coordinación de Loreto Blanco Salgueiro, profesora titular da Facultades de Belas Artes e a comisaria da exposición, y Concepción Somoza, xerente de APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral).
A exposición CapacitARTE presenta unha recompilación dos debuxos e pinturas realizas nos obradoiros artísticos desenvolvidos nos últimos dous anos. Imaxes que a través de retratos, paisaxes, bodegóns e tamén abstracción convida a coñecer a peculiar visión do mundo das persoas con discapacidade que participaron no proxecto.
O acto de inauguración contou coa presenza de Antonia Blanco Pesqueira, Vicerreitora da Universidade de Vigo en Pontevedra; Juan Carlos Meana Martínez, Decano da Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Marta Iglesias Bueno, Deputada provincial por Vigo; ademais de representantes das entidades que participaron no proxecto. Todos eles quixeron destacar a necesidade de desenvolver programas destas características que achegan á sociedade o mundo creativo e interior das persoas con discapacidade.
Estará aberta ao público ata o 30 de xaneiro en horario de luns a venres de 9.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 horas e o sábados de 10.00 a 13.00 horas.