Conscientes da dificultade que entraña entender os dereitos das persoas con discapacidade e o soporte legal co que contan, Federación ASPACE Galicia, a través do seu servizo de asesoramento legal, aclara neste artigo o significado e implicacións das figuras do tutor/a e curador/a

A Federación ASPACE Galicia sempre loitou polo recoñecemento dos dereitos das persoas con discapacidade. Porén, en moitas ocasións resulta complexo entender que dereitos posúen estas persoas e con que soporte legal contan.

Este artigo supón a continuación dunha serie de informaciones nas que presentaremos, de modo sinxelo, algúns recursos xurídicos que poden ser de interese para o colectivo das persoas con parálise cerebral.

Para isto, introducimos nesta ocasión as figuras do tutor/a e curador/a, pensadas para protexer os intereses das persoas con discapacidade e axudalas a desenvolver as súas vidas da maneira máis plena posible, asegurándose de que sempre se vele polos seus intereses.

Tanto a tutela como a curatela están creadas para que as persoas que as exerzan procuren o maior nivel de benestar e seguridade posible para a persoa sobre a cal se aplican, sendo en última instancia gardiáns de todas aquelas accións que poidan supoñer un prexuízo para aquela.

Tutela versus curatela

Pero que significa cada unha destas figuras e, sobre todo, que implican a nivel legal para a persoa que se atopa baixo unha ou outra?

A seguinte infografía ofrece un resumen dos principais aspectos que implican ser tutor/a ou curador/a e suxeito dos mesmos:

Podes ampliar a información neste documento de preguntas frecuentes sobre tutela e curatela.

E contas cunha explicación en profundidade nesta outra ligazón.

Consulta tamén o primeiro artigo da serie legal sobre patrimonio protexido.

Pero se necesitas resolver dúbidas sobre o tema directamente, podes poñerte en contacto co Servizo de asesoramento legal de Federación ASPACE GALICIA en legal@aspacegalicia.org o llamando al 986 87 99 67.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp