Terceira sesión do noso ciclo formativo organizado en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns

Coas prazas cubertas realizouse en Sada a formación “Alimentación Segura e Eficaz en persoas con parálise cerebral” nas instalación de ASPACE CORUÑA.

De novo os asistentes puideron recibir formación sobre aspectos nutricionais, hixiene, alimentación e hidratación en persoas con parálise cerebral, con problemas de deglución e disfaxia, así como coñecer un pouco máis de cerca as técnicas de texturizado e probar os seus resultados.

Aínda hai dúas datas dispoñibles máis para participar nos obradoiros de Alimentación segura e eficaz, o 21 de febreiro en  Pontevedra (para este obradoiro xa non hai prazas dispoñibles) e Lugo o 28 de febreiro.

Más información e inscricións: https://n9.cl/QqGs

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp