As entidades ASPACE de Galicia, inmersas nunha serie de accións formativas, organizadas e impartidas polo noso Programa de Emprego e Formación

Conscientes da importancia da formación continuada para fomentar o crecemento persoal, abrir portas e acceder a oportunidades, o Programa de Emprego e Formación da Federación ASPACE Galicia está dedicado ao acompañamento a persoas usuarias das distintas entidades membro.

Unha serie de accións formativas estará en marcha de forma simultánea ao longo do ano, entre as que destacan un curso de uso do Smartphone e un programa específico de apoio a actividades de teleformación.

Con inicio en ASPACE Coruña e xa desenvolvéndose en APAMP, o curso #Conécta(te) nace para ampliar o coñecemento e manexo do Smartphone por parte das persoas usuarias das entidades ASPACE de Galicia. Surxe a petición dos propios/as alumnos/as e inclúe sesións sobre as funcións e aplicación máis habituais destes teléfonos intelixentes. Trátase dunha actividade en grupo, pero adaptada ás habilidades e necesidades individuais de cada persoa. O curso continuará nas próximas semanas en ámbalas dúas entidades, nas que se celebrará unha actividade final conxunta.

O programa formativo do Centro de Día Amencer Campolongo tamén segue a súa andadura. Con apoio individual e grupal, están realizando os seguintes cursos: Apoderamento da muller con discapacidade, Protección de datos e ciberseguridade, Word 2016 inicial e Falar en Público. Presentacións eficaces.

Estas formacións fan parte do programa de cursos ofrecidos na Plataforma de Teleformación de Inserta Empleo da Fundación ONCE. É por isto que o apoio que reciben os/as estudantes abrangue tanto o manexo da plataforma como o curso de seu.

Outras accións actuais do Programa de Emprego e Formación de Federación ASPACE Galicia

Coñece máis sobre o Programa de Emprego e Formación de Federación ASPACE Galicia

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp