Máis de 400 persoas representantes do colectivo a nivel nacional asistiron as Xornadas do Día Mundial. Máis de 400 persoas representantes do colectivo a nivel nacional asistPoñentes de excepción como Ángel Carracedo, Michelle Le Métayer o Toni Puig, foron algúns dos expertos que trataron diversos temas sobre a parálise cerebral. iron as Xornadas do Día Mundial.

Santiago de Compostela converteuse os días 3 e 4 de outubro na capital mundial da parálise cerebral coa celebración das Xornadas do Día Mundial da Parálise Cerebral. Os actos deron comezo o 3 de outubro, na praza do obradoiro, coa recepción oficial por parte do alcalde da cidade, Agustín Hernández, quen deu a benvida os asistentes a estas xornadas. De seguido, usuarios e persoal de ASPACE, tiveron a oportunidade de gozar dunha visita guiada accesible polo casco histórico de Santiago de Compostela.

O sábado 4 de outubro, o Auditorio de Galicia foi o escenario dun gran número de ponencias e obradoiros por parte de diversas personalidades dentro do mundo da parálise cerebral.  Michelle Le Mètayer, Toni Puig, Ángel Carracedo y Fernanda Esparza son algúns dos expertos que  participaron nestas xornadas e que trataron temas como a alimentación na parálise cerebral, os últimos avances científicos ou a mobilización do voluntariado. Ademais, Juan Manuel Montilla “El Langui”, moderou unha mesa redonda, aportando a súa peculiar visión da parálise cerebral dende a súa experiencia como actor e cantante. As ponencias completáronse cun obradoiro de Cidadanía Activa ASPACE, impartido por persoas con parálise cerebral, e a presentación dos programas tecnolóxicos que Confederación ASPACE ten en marcha grazas a Fundación Vodafone España (#ASPACEnet y Valorando Capacidades).

Como broche final do acto, dous usuarios de ASPACE, fixeron lectura dun manifesto no que reivindicaban o  dereito a unha educación plenamente accesible. Posteriormente e como peche a estas xornadas, fíxose entrega dos IV premios IPSEN PHARMA, sendo os galardoados a Xunta de Galicia, a Fundación Barrié, Pablo Terrazas y Luisa Fúñez. Uns galardóns que teñen como finalidade o recoñecer a labor das persoas e institucións a favor da parálise cerebral.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp