A Federación ASPACE-Galicia e as súas asociacións membro – ASPACE-Coruña, Amencer-ASPACE, ASPACE-Lugo e APAMP Vigo – gracias á concesión de subvencións a cargo do IRPF (Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas), desenrolan diversos programas que axudan a mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral, das súas familias e dos seus/súas coidadores/as. No último ano, sumaron unha concesión de 370.800,00 € e se beneficiaron cerca de 800 persoas.
Todo gracias ós contribuíntes que na súa Declaración da Renda marcan a casiña 106 de ‘Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social’ e que se traduce en que un 0,7% dos seus impostos se destine a fins sociais. Por elo, asistimos o pasado 5 de abril á presentación da campaña en Santiago de Compostela para formar parte da ‘Gran X solidaria’ que se debuxou na Praza do Obradoiro con cerca de 400 persoas beneficiarias das entidades sociais galegas.
Sen pagar máis e sen recibir unha devolución menor practicando a Rentaterapia se axuda a ASPACE-Galicia a financiar proxectos dentro dos programas: Integración Social de Persoas con Parálise Cerebral, Prevención e Atención Integral a Menores de 6 anos con Parálise Cerebral, Respiro Familiar para Persoas con Parálise Cerebral, Habilitación Funcional Sociosanitaria para Persoas con Parálise Cerebral, Atención Integral Sociosanitaria para Persoas con Parálise Cerebral do Medio Rural e Poboacións Dispersas, así como a Construción, Adecuación e Equipamento dos Centros Residenciais e Centros de Atención Integral para Persoas con Parálise Cerebral.
Dende Federación ASPACE-Galicia se invita á cidadanía a sumarse ó exercicio da #Rentaterapia porque máis de 7 millóns de persoas en toda España se benefician de proxectos financiados a través da x solidaria.