Nesta ocasión, AMENCER-ASPACE en Pontevedra, é a entidade que acolle a nova reunión do proxecto TALENTO ASPACE

Unha xornada de traballo que integra aos profesionais de Federación ASPACE-Galicia, APAMP (Vigo), ASPACE-Coruña, AMENCER-ASPACE, ASPACE-Asturias e APCA-Alicante. O encontro permitirá aos participantes coñecer as instalacións, servizos e programas que presta a entidade ao colectivo das persoas con parálise cerebral e servirá para identificar as boas prácticas de cada unha das entidades involucradas.

O proxecto, coordinado dende Confederación ASPACE, pretende:

  • Compartir a experiencia acumulada na xestión de servizos das entidades ASPACE;
  • Favorecer espazos de encontro entre os profesionais de diferentes entidades ASPACE de España para a identificación das experiencias e os coñecementos para a súa posterior posta en común noutras entidades ASPACE;
  • Crear redes de comunicación e coñecemento entre os profesionales e as entidades ASPACE;
  • Detectar experiencias acumuladas nas entidades para desenvolver un espazo de boas prácticas ao alcance de todas as entidades de Confederación ASPACE.

A idea do proxecto surxe trala identificación dun vacío na xestión do coñecemento acumulado nas entidades ASPACE, organismos que acumulan continuos procesos de aprendizaxe, novas opcións de sistemas de xestión ou intervención que favorecen a formación dos traballadores e a autoxestión das persoas con parálise cerebral, sen embargo son coñecementos que non dispoñen dunha estrutura que facilite o intercambio desa información entre os diversos entes.

Na actualidade, 35 entidades ASPACE de España participan no proxecto organizadas en distintos grupos de traballo. A agrupación coordinada dende Federación ASPACE-Galicia conta coa participación de profesionales de APAMP (Vigo), ASPACE-Coruña, AMENCER-ASPACE, ASPACE-Asturias e APCA-Alicante, centrando o seu traballo nos Modelos de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp