O sábado 25 de novembro tendá lugar o I Encontro de Familias ASPACE-Galicia no Hotel Puerta del Camino en Santiago de Compostela

Federación ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral) que aglutina ás asociacións que traballan de forma especializada con persoas con parálise cerebral ou patoloxías afíns, reunirá por primeira vez ás familias para crear un espazo compartido de proxectos e convivencias.

Na Sala Quintana explicarase ás familias en qué proxectos está traballando Federación en coordinación coas entidades membro (ASPACE-Coruña, ASPACE-Lugo, AMENCER-ASPACE e APAMP). As propias familias comentarán as súas necesidades para que se poidan definir estratexias comúns de traballo e compartirán qué proxectos realizan na actualidade.

O obxetivo da actividade é apoiar e complementar o traballo das asociacións para mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral. Clausurarán o acto o Conselleiro de Política Social Don José Manuel Rey Varela e a Directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidad Doña Fabiola García Martínez. O evento conta cunha actividade cultural na que os participantes poderán visitar San Martín Pinario.

A continuación, o programa do I Encontro de Familias ASPACE-Galicia:

  • 10:45: Chegada de participantes.
  • 11:00: Café de benvida.
  • 11:30: Benvida e presentación do encontro.
  • 11:40: Federación ASPACE-Galicia: Servizos, programas, accións de sensibilización e reivindicación.
  • 12:10: Boas prácticas no traballo coas familias nas asociacións ASPACE-Galicia.
  • 13:10. Reflexión en grupos: retos de futuro. Necesidades do colectivo.
  • 14:00: Clausura: Don Jose Manuel Rey Varela, Conselleiro de Política Social; e Doña Fabiola García Martínez, Subdirectora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.
  • 14:30: Comida no Hotel Puerta del Camino.
  • 16:30: Visita a San Martín Pinario.

O Primeiro Encontro de Familias ASPACE está financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a través da convocatoria de subvencións do IRPF do 2016.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp