ASPACE-Coruña acolleu esta mañá a 1ª fase do certame ‘En ASPACE Cocinamos Juntos’, un concurso organizado por Federación ASPACE-Galicia
En total, sete parellas compostas por unha persoa con parálise cerebral acompañada dun familiar ou un profesional da entidade elaboraron os seus menús centrándose nas filloas. O grupo formado por Suso Quintela Rama e Jacinto Creo Sanvicente gañaron a semifinal coruñesa e pasarán á final que terá lugar o 29 de noviembro. Os gañadores levaron un lote de productos gourmet cedidos polas empresas colaboradoras.
No evento, os participantes elaboraron interesantes e atractivas propostas gastronómicas, como novidade os usuarios puideron presentar as súas recetas en pictogramas e en modo texturizado. O xurado estivo formado por Roberto Filgueira, de ‘O Balado Marta e Roberto’ (Boqueixón), membro do Grupo Nove Cociñeiros; e a blogueira de gastronomía, Teresa Rico Expósito “Un momento dulce”.
A iniciativa contou coas colaboracións de Leite Larsa, Cerveza Meiga, Harinas Reyes, Portomuiños, Aceites Abril, Secretos de Galicia, Hifas da Terra e Mel de Galicia. A próxima semifinal será o 14 de noviembro en Amencer -ASPACE no Restaurante Pepe Vieira; e o 23 de noviembro, os participantes de APAMP Vigo reuniranse no centro de APAMP en Navia. Os ganadores acudirán á final o 29 de noviembro na Escola Naval Militar de Marín.