Con motivo da Semana Europea da Mobilidade, a Federación ASPACE Galicia fai público o Decálogo das boas prácticas do uso das Prazas PMR. Unha acción orixinaria de ASPACE Coruña, que nace da reflexión e traballo conxunto das propias persoas con parálise cerebral.

INICIATIVA PRAZAS PMR

A iniciativa enmárcase dentro do grupo de Exerzo Meus Dereitos (EMD), impulsado polo departamento legal da Federación en colaboración cas entidades membro – APAMP, AMENCER-ASPACE, ASPACE Coruña e ASPACE Lugo -. O obxectivo é sivibilizar e reivinidcar os dereitos das persoas con parálise cerebral, promovendo o exercicio dos seus dereitos na vida cotiá.

En 2024, o grupo de persoas con parálisce cerebral de ASPACE Coruña, iniciaba a elaboración deste decálogo. Fruto das súas experiencias e avogando a necesidade de concienciar á cidadanía sobre a importancia de respetar ás Prazas PMR. Estas prazas, están reservadas para persoas con mobilidade reducida.

Agora en 2025, o documento verá a luz como ferrramenta de sensibilización en toda Galicia

DECÁLOGO PLAZAS PMR E SEU BO USO

O decálogo recolle pautas sencillas pero esenciais: non ocupar as prazas sen dispor da tarxeta correspondente, evitar bloquear os accesos, non usar a praza “só un momento”… Entre outras recomendacións que garanticen a accesibilidade e autonomía das persoas con mobilidade reducida.

decálogo sobre las Plazas de Movilidad Reducida

ACCIÓNS

Durante a semana do 15 e hasta o luns 22 de setembro, día no que finaliza a Semana Europea da Mobilidade, tanto as entidades adheridas – ASPACE Corña, APAMP, ASPACE Lugo e AMENCER-ASPACE – como a propia Federación ASPACE Galicia, irán realizando diversas accións de sensibilización do bo uso das Prazas PMR.

O martes 16, inicia ASPACE Coruña cas accións de rúa. As persoas con parálise cerebral pertencentes ó centro plantexaron a idea de forrar un coche con billetes falsos de 200€ para logo, billete en man, entrevistar ós viandantes sobre que farían con eses douscentos  euros.

Dende APAMP, que teñen a súa acción o día 17, colaborarán coa Policía Local da zona. Ademáis, de repartir multas simbólicas polos coches mal estacionados nas prazas de mobilidade reducida cercanas á entidade.

Chégaslle o turno ás persoas usuarias de ASPACE Lugo, aproveitarán o xoves 18 para empapelar con cartaces as Prazas PMR próximas ó edificio da Xunta de Galicia. “A Túa Escusa Non Cabe Aquí“, é unha das frases que se poderán ler.

No caso de AMENCER-ASPACE, farán entrega dos cartaces do decálogo en diferentes locais de índole pública e privada. Incluso menciónase unha posible reunión cos responsables da área de Servizos Sociais de Pontevedra, encargados de tramitar as tarxetas PMR.

O luns 22, dende a canle de Federación ASPACE Galicia, publicarase o vídeo onde participaron persoas usuarias de tódolos centros que forman ASPACE Galicia. Un documento gráfico que recolle, de maneira irónica, situacións vividas no día a día da xente que necesita empregar unha Praza PMR.

OBXECTIVO CAMPAÑA PRAZAS PMR

Con esta campaña, ASPACE Coruña e a Federación ASPACE Galicia, ó igual co resto de entidades membro, buscan recordar que as Prazas PMR non son un privilexio, senon un dereito. O bo uso das prazas de mobilidade reducida é imprescindible para garantir a igualdade de oportunidades e a mobilidade de tódalas persoas.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp