Celebrouse en Pontevedra a quinta xornada da nosa formación “Alimentación segura e eficaz para persoas con parálise cerebral” realizada en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns
Despois do seu paso por Vigo (APAMP), Sada (ASPACE-Coruña) e Ourense (Asociación Aixiña), as instalacións de Amencer ASPACE acolleron onte aos participantes do curso na cidade de Pontevedra.
A formación desenvolveuse cun cheo absoluto grazas ao interese xerado que esgotou as prazas máis dunha semana antes da data de inicio.
Os asistentes puideron desfrutar, unha vez máis, dunha exposición pluridisciplinar que aborda o tema dende as diferentes perspectivas profesionais ofrecidas polos poñentes (pertencentes ás distintas asociacións membro de ASPACE GALICIA). Dificultades de deglución, disfaxia, posicionamento, aspectos nutricionais, hixiene, hidratación ou texturización son algunhas das palabras clave desenvolvidas nesta formación que como no resto de ocasións finalizou cunha cata de alimentos texturizados.
Xa solo dispoñemos dunha sesión máis en Lugo o vindeiro 28 de febreiro. ¿Interésate? Máis información e inscricións https://bit.ly/2tvVH4w.