Federación ASPACE-Galicia é unha das 22 entidades sociais galegas que integran a primeira Plataforma de Infancia de Galicia

Federación ASPACE-Galicia asistiu esta mañá á presentación da ‘Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia’ que tivo lugar no Salón Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela. Acompañando ás 22 entidades sociais galegas que integran esta nova entidade, e entre as cales se atopa ASPACE-Galicia, asistiu ó acto Jose Manuel Rey Varela –Conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia-.

O acto de constitución acudiu, en representación de ASPACE-Galicia, o noso presidente Eulogio López Río. E xunto a el representantes das restantes entidades que conforman a plataforma e que enumeramos a continuación: AcladAlborada, Aldeas Infantiles SOS Galicia, Fundación Amigó, Asociación Abuso y maltrato infantil NO , Asociación Arela, Federación ASDE-Scouts, Fundación Aldaba, Fundación Ayuda en Acción, Cruz Vermella, Fundación Diagrama, Fundación Educo, Escola de Tempo Libre Don Bosco, Federación Don Bosco, Instituto galego de xestión para o terceiro sector Igaxes, Federación Marcha Compostela, Fundación Meniños, Fundación Secretariado Gitano, Fundación Tierra de hombres, Centro Trama, Unicef e Asociación Viraventos.

O obxectivo xeral da Plataforma, que se constitúe hoxe 11 de abril de 2018 oficialmente, é a protección e promoción dos Dereitos da Infancia recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno de 1989. Así como traballar en rede para analizar a situación dos nenos, nenas e adolescentes na comunidade autónoma, mellorar as políticas de infancia e asegurar o cumprimento dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes.

Inspirada na Plataforma de Infancia de España, replicará o seu modelo ademais de contar co seu apoio.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp