Mellorar o acceso ao mercado laboral de persoas con Parálise Cerebral é un dos principais obxectivos dun programa de formación que combina as habilidades sociais e o aprendizaxe de técnicas de cerámica e/ou papel. A través deste proxecto, realizado co apoio da Fundación ONCE e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), quérese potenciar as habilidades e competencias deste colectivo para favorecer a súa inclusión no ámbito laboral.
No proxecto participarán 40 persoas con Parálise Cerebral das asociaciones de ASPACE-Coruña, AMENCER-ASPACE (Pontevedra) e APAMP (Vigo), que pertencen a Federación ASPACE-Galicia. Cada centro contará cun profesor de obradoiro que traballará nun oficio artesán distinto.
- ASPACE-Coruña, coñecerán o mundo da cerámica e aprenderán diferentes técnicas para traballar e crear con barro.
- AMENCER-ASPACE (Pontevedra), introduciranse no mundo do papel e a encuadernación.
- APAMP (Vigo), porán en marcha un obradoiro de cerámica, a través do cal poderán coñecer o traballo, diseño e elaboración de produtos con barro.
Con estes obradoiros se realizarán materiais creados por eles mesmos que poidan ter unha saída mercantil, de modo que se potencie a súa motivación, responsabilidade e autonomía do participante para que sirva de vínculo potenciador da visión das súas capacidades e habilidades. A maiores, se trabajará transversalmente, para potenciar o desenvolvemento das súas habilidades sociais, unha competencia fundamental para facilitar a incorporación laboral do colectivo.
Este proxecto complementa ao “Programa de formación e emprego” para persoas con Parálise Cerebral que Federación ASPACE-Galicia xestiona na comunidade galega con dous orientadores laborais especialistas na inserción laboral dos usuarios destas entidades. O programa presta servizos de acollida, orientación, prospección laboral e formativa e emprego con apoio para máis de 80 usuarios atendidos ao ano.
Dende Federación ASPACE-Galicia e as súas entidades membro, traballaremos de forma paralela ao desenvolvemento deste proxecto na sensibilización da sociedade e dos empresarios; e sobre as posibilidades das asociacións empresariais para contratar a persoas con discapacidade e os servizos de apoio e acompañamento.