O 1 de decembro de 2014, deu comezo esta acción formativa promovida por ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral) en colaboración con FSC e Fundación ONCE

Un total de 13 persoas con parálise cerebral comezaron este luns o curso “OPERACIÓNS AUXILIARES DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS E XERAIS” que ten como obxectivo formalos no desempeño de tarefas administrativas básicas de oficina, así como en operacións de comunicación e arquivo.

Trátase dunha acción formativa, que se levará a cabo na Academia Postal, e que está financiada polo FSC Inserta e a Fundación ONCE cunha duración de 390 horas que pretende mellorar a empregabilidade das persoas con parálise cerebral e patoloxías afíns.

ASPACE-Galicia conta cun programa de emprego e formación dende o ano 2005 para mellorar a integración socio-laboral das persoas con parálise cerebral a través de itinerarios individualizados de orientación e acompañamento no posto de traballo, necesarios para a incorporación deste colectivo de traballadores ao mercado laboral ordinario.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin