As entidades de ASPACE Galicia reclaman á Administración pública poñer fin ás desigualdades territoriais, a falta de recursos e a fragmentación de servizos que afectan a un 80% das persoas con parálise cerebral. Dende as asociacións galegas únense cos seus timbres nunha ‘timbrada’ popular.
Este ano as asociacións membro da Federación ASPACE Galicia reivindican a implementación dunha Estratexia Estatal para as Grandes Necesidades de Apoio baixo o lema da campaña #XaToca. O discurso político e institucional esixe, entre outras cousas, o desenvolvemento de servizos con grandes necesidades de apoio en cada etapa de vida das persoas con parálise cerebral.
En Sada, Vigo e Pontevedra celebráronse tres actos simultáneos coa asistencia de representantes das Administracións públicas, que se uniron ás reclamacións expostas polas persoas usuarias das entidades. A tríada enchía de son os espazos onde se reuniron a través de timbres, unha acción que reclama a atención que toda persoa merécese.
Pontevedra
AMENCER-ASPACE celebra o Día da Parálise Cerebral na Praza da Peregrina. Ao acto acudio en representación de Concello de Pontevedra Anabel Gulias, Concelleira de Benestar Social.
O acto iniciaba ás 11:00 horas coa presenza de Mónica Touriño, Xerente da entidade reclamando “un compromiso firme” por parte das institucións públicas. Tras unhas breves palabras, varias persoas con parálise cerebral de AMENCER, aclamaron varias reivindicacións baixo a frase “Xa Toca”. Como “garantir a atención temperá máis aló dos 6 anos”, aclama unha muller con parálise cerebral pertencente á entidade.
Os testemuños deron paso a Dna. Anabel Gulias, que finalizou a lectura das reivindicacións cun tallante “Xa toca garantir vos mesmos dereitos e recursos en importar onde vivas”. Ao terminar, entre aclamacións e aplausos, as persoas asistentes, fixeron soar os seus timbres por toda a praza, facéndose oír e chamando a atención de varios transeúntes.

A Coruña
A entidade de ASPACE Coruña acolle a celebración do acto institucional na cidade de Sada. As persoas usuarias, profesionais, familias e representantes da Administración pública desprazáronse á avd. Mariña ás 12:00 horas para dar pé ao acto.
Patri Pérez, responsable de comunicación da entidade, abre o acto explicando o porqué do Xa Toca e os motivos polos que unha Estratexia Estatal para as Grandes Necesidades de Apoio é máis que necesaria. Entre tanto, as persoas usuarias de ASPACE Coruña, prepararon unha actividade. Cada un colle un timbre de papel onde escribe unha reivindicación e estes eran colgados na rúa.
Nas actividades participaron tanto as persoas con parálise cerebral de ASPACE, como membros doutras entidades e contaron coa presenza dun colexio da zona. Que máis tarde se unirían cos seus timbres á “timbrada”, a actividade reivindicativa facendo exercicio dos seus dereitos.
Durante a parte institucional; Ricardo Iglesias, Xerente de ASPACE Coruña, puxo en valor a importancia do traballo das entidades, a misión e obxectivo de ser facilitadores e acompañantes na vida diaria das persoas con parálise cerebral. Unha misión que se dificulta dada a situación turbulenta que se mantén coa Administración pública.
A importancia do traballo das entidades e da necesidade de protexer os dereitos das persoas con parálise cerebral tamén foi recoñecido por Benito Portela, Alcalde de Sada. Pola súa banda a Directora de Política Social e Igualdade, Dna. Begoña Abeijón, destacou que “desde a Xunta traballarán na atención postemprana a partir dos 6 anos, un compromiso do Presidente”.

Vigo
O Museo do Marco foi escenario e testemuña das reclamacións por parte das persoas usuarias de APAMP nun evento aberto á cidadanía que iniciaba ás 12:00 horas. Ao acto sumáronse figuras como D. Fernando González Abeijón, Secretario Territorial da Xunta de Galicia e a concelleira delgada de Atención á Cidadanía, Dna. Patricia Iglesias.
A abertura do acto correu a mans de Conchi Somoza, xerente de APAMP, que dedicou unhas palabras á Administración pública porque “Xa Toca vernos, escoitarnos e actuar. Non pedimos privilexios, pedimos xustiza”. Un discurso que pon os dereitos das persoas con parálise cerebral por diante, recalcando a importancia de construír un país en que todas as persoas poidan vivir con dignidade por igual.
Na rúa, unha mesa interactiva convidaba os viandantes a tocar uns pulsadores. Testemuños de familias e usuarios soaban desde a mesa da actividade, ademais, algunhas persoas con parálise cerebral encargábanse de achegar información aos máis curiosos.
Ao terminar, clausúraa do acto foi a través dos timbres dos asistentes. Conseguindo facerse oír por todo Príncipe, facendo que as persoas se parasen, escoitasen e aprendesen o por que da causa.

Lugo
ASPACE Lugo celebrou o acto por motivo do Día da Parálise Cerebral nas instalacións da entidade. Persoas usuarias, profesionais da asociación e familias gozaron dunha tarde de reivindicacións porque “Xa Toca vivir con autonomía e decidir sobre as nosas vidas“.
Contaron coa visita de D. Óscar Viñas, director territorial de Política Social e Igualdade, que mostraba certo interese por coñecer de preto a situación das persoas con parálise cerebral e as demandas cara as Administracións públicas.
Entre as actividades, as persoas pertencentes á entidade, proxectaron un vídeo sobre vida independente. Un vídeo onde as voces de ASPACE Lugo lembran que a independencia non é un privilexio, é un dereito.

Xa toca transformar esta realidade!Xa Toca unha Estratexia Estatal para as persoas con grandes necesidades de apoio!
Boa compañía, reivindicacións, timbres, familias e representantes das Administracións públicas… Todos se sumaron ás persoas con parálise cerebral de ASPACE Galicia no seu exercicio de dereitos, reclamando recoñecementos básicos para calquera persoa.
Podes rememorar o Día Mundial da Parálise Cerebral a través destas fotografías.




























