Antonio expuxo a súa visión desde o Programa de Emprego e Formación de Federación ASPACE Galicia, que conta con máis de 14 anos de percorrido, pola súa banda Aaron falounos da súa experiencia no devandito programa

El estudio “Situación e necesidades das persoas con parálise cerebral no ámbito da integración laboral”  foi presentado onte ás 11.30 horas en Madrid.

Desde 2005 desenvólvese en Federación ASPACE Galicia o Programa de Emprego e Formación co obxectivo de facilitar a integración socio-laboral das persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns. Desde entón un elevado número de usuarios puideron beneficiarse deste servizo que conta cunha taxa de inserción do 45 %.

No aspecto formativo, 26 foron os usuarios participantes na formación vinculada aos procesos de selección de oposicións para os distintos organismos públicos: Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, Parlamento Galego, SERGAS e Ministerio de Facenda.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp