Organización e obxectivos fundacionais

Asamblea Xeral

É o máximo órgano de goberno e decisión da Federación. Están representadas as entidades membros.

A asemblea reúnese, polo menos unha vez ao aoo. Aproban a memoria, as contas e os orzamentos da entidade, ademáis de elixir os membros da Xunta Directiva, entre outras funcións. 

Xunta directiva

En cumprimento dos Estatutos, a Xunta Directiva renóvase por metades cada catro anos. A Xunta Directiva actual foi nomeada o 27 de febrero de 2019. Quedou integrada polas seguintes persoas:

Xunta directiva

Fotografía de Mónica Touriño Soto

Mónica Touriño Soto
Acoc. Amencer
PRESIDENTA

Mónica Touriño Soto

  • Diplomada en Traballo Social e Licenciada en Socioloxía.
  • Xerente da asociación Amencer-ASPACE dende 1995.
  • Presidente da Federación Galega de Parálise Cerebral a partir de 2019.
Fotografía de Sonia Ruiz Vargas

Sonia Ruiz Vargas
ASPACE-Coruña
VICEPRESIDENTA

Sonia Ruiz Vargas

  • Licenciada en Ciencias Empresariais. Especialidade Financiación, Rama Economía da Empresa (Dirección e Administración de Empresas).
  • Xerente da asociación ASPACE-Coruña dende 2018.
  • Vicepresidenta de ASPACE-Galicia en 2019.
Fotografía de Concepción Somoza Torres

Concepción Somoza Torres
APAMP
SECRETARIA

Concepción Somoza Torres

  • Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.
  • Xerente da asociación APAMP desde 1995.
  • Vicesecretaria da Xunta Directiva da Confederacion ASPACE.
  • Secretaria da Xunta Directiva de ASPACE-Galicia dende 2013..
Fotografía de Carlos Godoy Casalderrey

Carlos Godoy Casalderrey
AMENCER
TESOUREIRO

Carlos Godoy Casalderrey

  • Licenciado en Ciencias Sección Químicas, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Catedrático de Instituto de Bacharelato en Especialidade de Física e Química.
  • Tesoureiro de ASPACE-Galicia dende 2019.
Fotografía de Mª Carmen Barreiro Santos

Mª Carmen Barreiro Santos
ASPACE-Coruña
VOCAL

Mª Carmen Barreiro Santos

  • Titulada en Auxiliar Administrativo en 1983.
  • Secretaria da Xunta Directiva da asociación ASPACE-Coruña.
  • Foi elixida membro da Xunta Directiva de ASPACE-Galicia dende 2013.
Fotografía de Daniel Varela Lago

Daniel Varela Lago
APAMP
VOCAL

Daniel Varela Lago

  • Técnico en Mecánica Industrial.
  • Fillo do fundador asociación APAMP, da que actualmente é presidente.
  • Membro da Xunta Directiva de Federación ASPACE-Galicia dende 2013.

Recursos humanos

Xerencia

Máxima responsabilidade sobre o funcionamento de Federación ASPACE-Galicia, coordina os proxectos e as actividades, as subvencións e os recursos. A xerencia é a ligazón coa Xunta Directiva.

Emprego e formación

Os profesionais de emprego e formación encárganse de facilitar a integración socio-laboral das persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns.


orientacion@aspacegalicia.org

 

Administración e xestión

Encárgase de executar as tarefas administrativas relacionadas coas actividades de Federación.

Comunicación

Xestiona a comunicación, a nivel interno como externo da Federación e as súas entidades membro.

Información e traballo socia

Encárgase de manter actualizada a información que poda ser de interese, asesorando a aquelas persoas que o precisen.

Asesoramiento legal

Prestamos asesoramento legal para o colectivo das persoas con parálise cerebral.

Fortalecemento do movemento asociativo

Federación presta diferentes servizos ás asociacións: información, asesoramento, apoio na implantación de sistemas alternativos e aumentativos de comunicación, formación, estudos e investigación…

Obxetivos fundacionais

  • Coordinar, impulsar e potenciar os obxectivos e as actividades das súas asociacións membros.
  • Representar aos seus membros en cuestións de interese xeral ou a petición dos mesmos.
  • Promover o estudo, a información e a difusión dos problemas que afectan as persoas con parálise cerebral, así como as súas solucións.
  • Fomentar e desenvolver actividades deportivas, de lecer e tempo libre, nas que interveñan persoas con parálise cerebral de Galicia.
  • Calquera outro que, de modo directo ou indirecto, poida contribuír á realización dos fins da Federación e das súas asociacións membros, que redunden en beneficio das persoas con parálise cerebral e/ou das súas familias ou representantes legais.
  • Estes obxectivos non son excluíntes das accións que en idéntico sentido poidan levar a cabo as asociacións membros desta Federación, de acordo cos seus propios estatutos
Newsletter

Boletín

de Novas