Na que é xa a súa terceira edición, o Encontro de Familias celebrarase en Santiago de Compostela, o vindeiro sábado 23 de novembro
Este Encontro Autonómico de Familias, nace xa hai 3 anos, como espazo compartido de convivencia e aprendizaxe co obxectivo de dar a coñecer e poñer en valor o traballo de Federación ASPACE GALICIA e os proxectos que leva a cabo en coordinación coas súas entidades membro (Amencer-Aspace, APAMP, ASPACE-Coruña e ASPACE-Lugo), render contas sobre o avanzado en 2019 nas demandas expostas en 2018 polas familias e fomentar a reflexión e formación sobre temas de interese para as persoas con parálise cerebral.
Dirixido a familiares de persoas con parálise cerebral e traballadores das entidades membro da Federación, a xornada enmárcase como un experiencia de convivencia lúdica e festiva. Nesta ocasión tras a presentación do traballo realizado por parte de Federacion ASPACE Galicia compartiremos unha comida cos asistentes e realizaremos unha visita cultural ao Pórtico da Gloria.
Esperámosvos a todos no O Hotel Oca – Porta do Camiño en Santiago de Compostela o vindeiro sábado 23 de novembro. Detallamos o programa da xornada a continuación:
10:30. Chegada de participantes, acreditacións e café de benvida.
11:00. Benvida e presentación do Encontro.
11:10. Presentación do traballo realizado pola Federación ASPACE GALICIA no ano 2019: Servizos, programas, accións de sensibilización e reivindicación,…
11:30. Rendición de contas: Avances nas demandas expostas polas familias no II Encontro de Familias 2018.
11.45. Presentación de conclusións dos Grupos da Rede de Cidadanía Activa sobre o traballo realizado en 2019 sobre os dereitos das persoas con Parálise Cerebral.
12:15. Traballo en grupos sobre a situación actual dos dereitos nas persoas con Parálise Cerebral.
Posta en común e Conclusións. Retos para o 2020.
13.30. Comida Buffet no Hotel Porta do Camiño.
16:00. Actividade cultural: Visita ao Pórtico da Gloria (25 prazas máximo). Grupo 1.
17:00.Actividade cultural: Visita ao Pórtico da Gloria (25 prazas máximo). Grupo 2.
18.00. Fin do encontro.