Na que é xa a terceira e última reunión presencial contrastouse o segundo borrador da Guía.

Desde Federación ASPACE Galicia seguimos apostando polo emprego das persoas con parálise cerebral. Por iso os profesionais do Programa de Emprego e Formación da Federación forman parte do grupo de traballo nesta materia creado por Confederación ASPACE. Este grupo nace co obxectivo de publicar a guía “Proceso de implementación dos servizos de inserción laboral e centros especiais de emprego das entidades ASPACE”.

A decisión de poñela en marcha xorde en resposta ás conclusións obtidas do estudo sobre o emprego das persoas con parálise cerebral e outras discapacidades afíns, que levou cabo Confederación ASPACE en 2018. Este estudo pon de manifesto a demanda e as necesidades de acompañamento e apoio das persoas a quen atendo e representamos en servizos de formación, orientación e integración sociolaboral, así como a necesidade de innovar na oferta de servizos e apoios sociolaborais por parte das nosas asociacións. En especial, entre aquelas que, ata a data, non priorizaron servizos e apoios neste ámbito.

Os nosos compañeiros neste proxecto son profesionais das federacións ASPACE Rioja, ASPACE Bizkaia, ASPACE Navarra, ASPACE Andalucía, ASTRAPACE Murcia e ASPACEBA.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp