O I Encontro Nacional de Emprego nas Entidades ASPACE concluíu coa necesidade de crear servizos de inserción laboral nas nosas organizacións que garanticen o acceso ao mercado de traballo das persoas con parálise cerebral

Entidades do Movemento ASPACE que contan con servizos de emprego déronse cita o pasado 7 de maio de 2021 no I Encontro Nacional de Emprego de Entidades ASPACE. Coordinado por Confederación ASPACE e celebrado en modalidade virtual, o evento foi inaugurado por Sabina Lobato, directora de Formación, Emprego, Proxectos e Convenios da Fundación ONCE. Jilía García-Risco, responsable de Formación e Emprego de Confederación ASPACE foi a encargada do primeiro relatorio, que se desenvolveu baixo o título “O acceso ao emprego de persoas con parálise cerebral-Rede de emprego ASPACE”.

O Programa de Emprego e Formación de Federación ASPACE Galicia compartiu a sua traxectoria na mesa de experiencias “Apostando polo emprego dende o movemento ASPACE. Por onde comezar? Pautas e cuestións a ter en conta á hora de por en marcha servizos de emprego”, na que tamén participaron AMAPPACE Málaga, Fundación ASPACE Navarra para o Emprego e ASPACE Rioja. Ángeles Lema, responsable do Programa de Emprego e Formación de Federación ASPACE Galicia, presentó o noso servizo de apoio á preparación de oposicións, explicando o seu proceso de posta en marcha e analizando as dificultades atopadas ata o momento, así como a valoración do mesmo.

A xornada tamén incluiu outra sesión na que representantes de Inserta Empleo Dirección regional Madrid, ASTRAPACE Murcia y APACE Burgos debatiron estratexias de superación das dificultades no contacto co tecido empresarial en tempos de pandemia.

O Encontro pechou cunha conclusión fundamental acerca da necesidade de contar con servizos de emprego nas entidades ASPACE como medio de garantizar o acceso ao mercado laboral de persoas con parálise cerebral que poden e desexan traballar e que, sen este apoio, atopan barreiras, moitas veces insalvables, á hora de exercer o seu dereito ao traballo.

Vídeo do I Encontro Nacional de Emprego de Entidades ASPACE

Máis información sobre as nosas actividades de apoio para oposicións

Coñece máis sobre o noso Programa de Emprego e Formación

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp