Once persoas con parálise cerebral presentáronse as probas de competencias clave para obter os certificados de profesionalidade esta mañá en Pontevedra

A sede da Federación Galega de Parálise Cerebral, no Centro Cultural de Santa María de Xeve, acolleu a partir das 10.30 horas as probas correspondentes aos niveis 2 e 3.

As probas desenvolvéronse no Centro Cultural de Santa María de Xeve, actual sede de ASPACE-Galicia, a longo desta mañá.

Os usuarios da entidade, chegados de A Coruña, Pontevedra e Vigo, tiveron que demostrar os seus coñecementos en lingua castelá, lingua galega, inglés e matemáticas. As competencias clave son contidos de formación básica que aseguran os coñecementos necesarios para acceder aos cursos de certificados de profesionalidade do Servizo Público de Emprego da Xunta de Galicia, que no poden cursar actualmente por non poder acreditar que dispoñen dunha formación básica para acceder aos mesmos.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp