ASPACE Coruña resultou gañadora do Certame ASPACE Crea, a convocatoria lanzada por ASPACE-Galicia e Confederación ASPACE para elaborar os galardóns que se entregarán nos premios ASPACE Ipsen Pharma durante os vindeiros tres anos

A proposta de ASPACE Coruña foi elaborada polos membros do obradoiro de cerámica da entidades e representa dous rostros unidos formando unha soa imaxe: o primeiro fai referencia ás persoas con parálise cerebral, o segundo ás súas familias e o conxunto de ambos a toda a sociedade, que a pesar das súas diferenzas encaixan de modo harmónico.

As cinco candidaturas finalistas ASPACE CREA ( ASPACE Coruña, ASPACEBA, AREMI e APACE Toledo, con dous proxectos) foron seleccionadas por votación popular a través de Facebook de entre todas as propostas recibidas. Posteriormente, un xurado composto por membros de ASPACE-Galicia e Confederación ASPACE, incluídos membros da xunta directiva, seleccionaron a candidatura gañadora pola súa adecuación ás bases.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp