O Centro Cultural de Santa María de Xeve acolle unha exposición de postais de Nadal elaboradas por persoas con parálise cerebral de toda Galicia ata o vindeiro 10 de xaneiro
Hoxe abre no Centro Social de Santa María de Xeve a exposición de Tarxetas de Nadal organizada por ASPACE-Galicia que recompila os traballos realizados nos diferentes centros de atención a persoas con parálise cerebral de toda a comunidade autónoma.
Os visitantes poderán contemplar un total de 61 traballos que reflicten diferentes temáticas relacionadas co Nadal e que amosan unha ampla variedade de técnicas creativas que van dende o collage ata a pintura con cabezal, todas elas realizadas integramente por persoas con parálise cerebral. Ademais, as persoas que acudan á exposición ata o vindeiro domingo, 22 de decembro, poderán votar para elixir a postal que será empregada por ASPACE-Galicia para felicitar o Nadal a tódolos seus contactos.
A exposición permanecerá aberta dende hoxe ata o vindeiro 10 de xaneiro e poderá visitarse en horario de luns a venres de 8.30 a 15.30 (horario de atención da entidade) ou ben no horario das actividades programadas no centro durante este período de Nadal.